O FEM 2022 comeza en Baio co espectáculo de contos dramatizados “Rosa e Azul”
O obxectivo do festival, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coas áreas de Igualdade dos Concellos de Vimianzo e de Zas, é "a visibilización da muller creadora, a exposición e reflexión da muller na sociedade, o seu empoderamento nun mundo habitualmente dominado por olladas masculinas e a procura de que sexan as mulleres creadoras galegas as que expliquen as súas experiencias que sexan as protagonistas", segundo explica a deputada María Muíño
O Festival Escena Muller 2022, unha iniciativa da Deputación da Coruña apoiada polos departamentos de Igualdade dos Concellos de Vimianzo e de Zas, arrinca o 21 de marzo, ás 11.20 horas, no CPI Baio co espectáculo de narración oral "Rosa e Azul". Con guión, dirección e interpretación de Victoria Pérez, trátase dunha sesión de contos teatralizados que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos. A través da manipulación de xoguetes e marionetas artesás, Pérez e Fernández mesturarán historias reais con contos de ficción que xiran ao redor do respecto, o amor, a tolerancia e a diversidade.
Para a responsable provincial de Igualdade, María Muíño, "o FEM 2022 faise co obxectivo da visibilización da muller creadora, a exposición e reflexión da muller na sociedade, o seu empoderamento nun mundo habitualmente dominado por olladas masculinas e a procura de que sexan as mulleres creadoras galegas as que expliquen as súas experiencias que sexan as protagonistas."
Ademais de con mostras audiovisuais e outros espectáculos, o FEM 2022 contará, nos meses de marzo, abril e maio, con mesas de reflexión nas que participarán destacas de escritores, actrices e creadoras audiovisuais, educadoras socias e sociólogas, como Diana Sieira, Carmen Conde, Judit Iglesias, Noelia Darriba, Olga Osorio e Estíbaliz Veiga.
Todas tratarán, cos sus espectáculos ou charlas, dar visibilidade á muller creadora, expoñer e reflexionar sobre a muller na sociedade, apoiar o seu empoderamento ou comprobar como o enfoque feminino da nosa sociedade por vía das artes completa e fai máis verdadeira a visión das artes.
O FEM 2022 terá a súa seguinte parada o 1 de abril de novo en Baio, onde Diana Sieira representará "The Witch". Seguirana Carmen Conde, que levará a escena "Mikrama" en Zas, o 8 de abril; Judit Iglesias, quen abordará o tema da sexualidade no CPI de Zas, o 21 de abril; Noelia Darriba, co relatorio "O bo trato", o 27 de abril, no Auditorio de Vimianzo; Olga Osorio, quen falará da "Creación audiovisual en feminino", o 18 de maio, no IES de Baio; e Estíbaliz Veiga, que representará "Golpes" no Auditorio de Vimianzo, o 20 de maio.