Estás en:Novas

8M-Día Internacional da Muller

marzo 8 @ 8:00 am - marzo 11 @ 5:00 pm

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, como cada ano desde fai décadas, aínda que a primeira data foi un 19 de marzo. Este ano, o lema da ONU é «Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible», coa intención de potenciar a igualdade de xénero no contexto da crise climática e a redución do risco de desastres, que é un dos maiores desafíos mundiais do século XXI.

Este ano a conmemoración oficial do evento celebrarase virtualmente o 8 de marzo de 2021, de 10:00 h a 11:30 h ( ET). O acto reunirá a personalidades e activistas pola igualdade de xénero e o cambio climático como Jane Goodall, e tras el celebrarase unha mesa redonda de alto nivel e diversas actuacións musicais. Máis información na web da ONU.

Contacontos «A miña historia»

https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/Cartel-contacontos-211x300.jpg 211w" alt="" width="323" height="458" />

Trémola Teatro presenta este contacontos o día 8 de Marzo “Día Internacional da Muller”, ás 18:00 h na sala Manuel López para nenos e nenas a partir de 6 anos.

Inscrición: a partir do 3 de marzo chamando á BBTK Infantil 981 080 174 en horario de 16:00 a 20:00 h.

Prazas: 20 nenos/as acompañados dunha persoa adulta por menor.

Uso obrigatorio da máscara.

#MarzoEnFeminino na EbiblioDaCoruna

Na EbiblioDaCoruna podes atopar un carrusel con libros electrónicos recomendados sobre feminismo e empoderamento feminino: ebibliodacoruna.odilotk.es.

https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/Carrusel-Ebiblio-300x252.jpg 300w, https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/Carrusel-Ebiblio-768x645.jpg 768w" alt="" width="501" height="421" />
Carrusel Marzo en feminino

Recomendacións de libros dixitais nas redes sociais

Desde o venres 4, cada día do mes recomendamos unha lectura relacionada coa temática do 8 de marzo nas nosas redes sociais. Todas elas están dispoñibles na EbiblioDaCoruna.

https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/9-300x300.png 300w, https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/9-150x150.png 150w, https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/9-768x768.png 768w, https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/9.png 1080w" alt="" width="460" height="460" />

Material promocional da Deputación da Coruña de agasallo

Bolsas de tea coa imaxe da campaña da sección de Igualdade «Mobilizadxs xti» que se regalarán ás persoas que leven materiais en préstamo durante o día 8 de marzo (ata esgotar existencias). 10 delas reservaranse para sortear entre as persoas que tomen prestados libros dixitais da EbiblioDaCoruna durante toda a semana do 7 ao 11 de marzo.

https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/Bolsas-300x225.jpg 300w, https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/Bolsas-768x576.jpg 768w, https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/Bolsas-1536x1152.jpg 1536w, https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/Bolsas-2048x1536.jpg 2048w, https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/wp-content/uploads/2022/03/Bolsas-1200x900.jpg 1200w" alt="" width="431" height="323" />