Estás en:Novas

EbibliodaCoruna Club Lector: Fin de temporada

marzo 10 - abril 8

Estaremos lendo o libro «Fin de temporada» de Ignacio Martínez de Pisón, no club «Compartiendo lecturas», entre o 10 de marzo e o 8 de abril. Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ). Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro (a partir do día que comeza a lectura, o 10 de marzo) e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

 

«Unha estrada xunto á fronteira de Portugal, xuño de 1977. Juan e Rosa, apenas adolescentes, teñen cita nunha clínica abortista clandestina, pero un accidente impediralles chegar ao seu destino. Case vinte anos despois, Rosa e o seu fillo Iván comezan o que será o proxecto da súa vida, a recuperación dun cámping na Costa Dourada, no outro extremo da península. Desde que Iván naceu viviron en diferentes lugares, sempre de forma provisional, sempre sós, fuxindo dun pasado que non tardará en alcanzalos.»

 

Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou, compartir os libros é compartir os soños.

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.