Estás en:Novas

Encontro literario con Rocío Leira sobre «A afogada»

marzo 10 @ 8:00 pm - 9:00 pm

O día 10 de marzo ás 20:00 h teremos un encontro virtual con Rocío Leira por videoconferencia no Club Virtual EbiblioDaCoruna sobre o seu libro «A afogada».

Desde o 22 de febreiro e ata o 8 de marzo estamos lendo «A afogada» no club virtual EbiblioDaCoruna, ao que tes acceso libre e gratuito coas túas claves do préstamo dixital.

Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata dun fatídico accidente, pero pasan os días e o seu corpo non aparece. Manuel Cifuentes, rescatador mariño con ampla experiencia, cre que a súa morte non foi accidental e que os acompañantes da rapaza agochan algo.

Aínda non o liches? Estás a tempo porque engancha e lese deseguida!

Desde o propio club de lectura dixital  podes tomar en préstamo o libro  e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.

O día 10 de marzo ás 20:00 h conectarémonos coa autora para comentar o libro. Participa no encontro entrando no #ebibliodacorunaclub na sala » Arredor dos libros» e na pestana de información terás a ligazón ao Google Meet para poder interacturar coa autora e os demáis participantes. Deixamos por aquí a ligazón para facilitar o acceso ao encontro  https://meet.google.com/rqb-fgbb-cjt

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ).

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.