Estás en:Novas

Actualización da plataforma Citrix o próximo día 07/06/2022

Actualización da plataforma Citrix da Deputación da Coruña

O día 7 de xuño vaise proceder á actualización da plataforma Citrix da Deputación da Coruña a través da que se accede, entre outras, ás aplicacións de Sicalwin, Ginpix e Sinatura Mobilidade.

A principal novidade desta actualización é que o acceso pasará a estar integrado co inicio de sesión unificado da Deputación, polo que xa non se requerirá un usuario específico.

No caso dos PC's, precisarase ter instalado Citrix Workspace. As instruccións para a instalación e configuración das ferramentas necesarias para o correcto funcionamento dos equipos nesta nova plataforma están dispoñibles na seguinte ligazón: https://dacoruna.gal/soporte/concellos/varios/uso_de_citrix_receiver_en_windows destacando que:

- Se está instalado Citrix Receiver (versión anterior a Citrix Workspace), deberase desinstalar previamente

- Se o equipo ten Windows7 deberase instalar unha versión específica de Citrix Workspace, indicada nas instruccións

- Se o equipo ten Windows10 recoméndase actualizar á última versión de Citrix Workspace

Aconsellamos revisar estas instruccións con antelación para ter o pc preparado no momento de realizar a actualización da plataforma.

No caso de dispositivos móbiles, non se deberá facer nada ata a actualización da plataforma o día 7 de xuño. A partires dese momento, estarán dispoñibles en https://dacoruna.gal/soporte/concellos/varios/portada novas instruccións de instalación. Como adelanto: 

- Deberase eliminar a app instalada e descargar e instalar a última versión co fin de eliminar cualquer configuración previa

- Poderase optar por configurar a app ou acceder directamente a través do navegador do dispositivo móbil

Cando se acceda á nova plataforma, deberase volver a importar o certificado software no perfil do usuario en Citrix para o uso de Sinatura Mobilidade.

Soporte - Centro de Atención a Usuarios (CAU)

soporte.cau@dacoruna.gal 

981.080.555