Estás en:Novas

Deshabilitado o acceso externo xenérico ás aplicacións da deputación

13/06/2022: Requerida autorización asinada polo alcalde para acceso ás aplicacións da Deputación dende fóra da rede da Xunta

O pasado 31 de maio enviamos correo aos xestores de contas das entidades locais e publicamos aviso na Intranet comunicando que a partir de hoxe, día 13 de xuño, só as persoas autorizadas polo alcalde poderían acceder ás aplicacións da Deputación dende fóra da rede da Xunta.

Aos usuarios que non dispoñan da correspondente autorización, ao acceder ás aplicacións mostraralles mensaxe de que non están autorizados (Unauthorized) ou que están accedendo deste Internet. Neste caso, deberán contactar co xestor de contas da súa entidade local para que envíe a correspondente autorización.

Soporte - Centro de Atención a Usuarios (CAU)

soporte.cau@dacoruna.gal

981.080.555