Estás en:Novas

Biblioteca Pedreira Sanz

Onte chegábanos a nova do pasamento de José Domingo Andrade, que nos doou, xunto coa súa muller, unha importante colección que xa forma parte do noso fondo bibliográfico.

Biblioteca Pedreira Sanz

Pedreira Sanz (PS)

José Domingo Pedreira Andrade e a súa muller María Jesús Sanz Marcos doan, en 2018, parte da súa biblioteca particular á Biblioteca Provincial da Deputación. Pedreira Andrade foi durante anos Xefe do Servicio de Medicina Interna do CHUAC e é considerado como un médico de prestixio dentro da súa especialidade e no campo das Humanidades.

Médico apaixonado polo cine e pola lectura comezou a infancia coas películas que ía ver nas salas da cidade e os tebeos que mercaba no quiosco ata converterse nun devoto de ambas afeccións. 

Ao longo dos anos reuniu unha interesante colección bibliográfica formada por uns 30.000 títulos, especialmente da área de Humanidades, e uns 3.000 DVDs de cine, que ao día de hoxe están sendo incorporadas ao fondo bibliográfico da Biblioteca.

Podedes consultar no catálogo  a colección, que é toda prestable, e encóntrase identificada coa etiqueta PS na sinatura.

Ir ao Catálogo