O deputado de Promoción Económica, Blas García, destaca a importancia da pesca como "un sector estratéxico, que xera miles de empregos en Galicia"
A Deputación da Coruña apoia ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadores e mariscadoras para o desenvolvemento da súa actividade cunha achega de 460.733,27 euros, que permitirán a contratación e mantemento de persoal, mellora de infraestruturas e procesos de comercialización, entre outros.
"Un programa co que impulsamos un sector estratéxico, cunha gran importancia económica e social e que xera miles de empregos" destacou o deputado de Promoción Económica, Blas García, que tamén sinalou que aínda que o sector da pesca coruñesa "está a verse seriamente afectado polas consecuencias da crise sanitaria e económica,segue sendo referente no ámbito da pesca fresca en Galicia".
A través desta liña de subvencións, un total de 29 pósitos coruñeses recibirán entre 3.958 euros e 19.500 euros, que destinan a proxectos como a contratación e mantemento de postos de traballo, servizos de gardapescas, adquisición de sementes de moluscos, vixilancia e xestión de bancos marisqueiros, mellora na comercialización de especies, servizos de asesoramento ou adquisición de maquinaria e equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo.
García lembrou ademais que este ano, a Deputación destinou 5 millóns de euros en axudas directas aos sectores máis afectados pola alza dos combustibles tras a guerra de Ucraína, entre eles o sector pesqueiro da provincia. Unhas axudas que tamén contribúen a apoiar un sector chave da economía galega.
BENEFICIARIOS | Importe subvención |
Beneficiario: AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLÓNS Obxecto: Financiamento parcial do servizo de vixilancia da agrupación de mariscadoras "Rio Anllóns"
| 10.082,18€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE BARQUEIRO BARES Obxecto: ADQUISICIÓN SEMENTE AMEIXA XAPONESA
| 4.680,00€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS Obxecto: DESENVOLVEMENTO DOS SERVIZOS OFERTADOS POLA CONFRARÍA DE CAMARIÑAS DURANTE O 2022
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE CAMELLE Obxecto: ASESORAMENTO ÓS PESCADORES ARTESANAIS E DO MARISQUEO A FLOTE NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMELLE
| 14.191,70€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE CARREIRA Y AGUIÑO Obxecto: ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA DE POSTA INDUCIDA
| 12.000,00€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE CEDEIRA Obxecto: SOLDOS E SALARIOS DE PARTE DO PERSOAL ADMINISTRATIVO DAS OFICINAS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CEDEIRA
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE CORME Obxecto: FOMENTO DA ACTIVIDADE PESQUEIRA-MARISQUEIRA no porto de Corme
| 11.309,94€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE FERROL Obxecto: SALARIOS E SEGURIDADE SOCIAL DE DÚAS TRABALLADORAS DA CONFRARÍA DE FERROL
| 17.500,00€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE LA CORUÑA Obxecto: O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO DAS TRABALLADORAS DA ADMINISTRACIÓN DA CONFRARÍA.
| 17.500,00€ |
Beneficiario: COFRADÍA DE PESCADORES DE LAXE Obxecto: PROXECTO DE PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN DOS PROCESOS DE COMERCIALIZACIÓN DOS PEIXES E MARISCOS DA LONXA DE LAXE 2022
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LORBÉ Obxecto: Mantemento posto de traballo secretario.
| 3.958,24€ |
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MALPICA Obxecto: A vixilancia dos bancos marisqueiros e a comercialización de produtos pesqueiros de difícil saída comercial na lonxa de Malpica de Bergantiños.
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MIÑO Obxecto: Vixilancia e xestión dos bancos marisqueiros, xestión fiscal e laboral da entidade e compra de semente para este ano 2022.
| 16.500,00€ |
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.
| 19.500,00€ |
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE SADA Obxecto: Preténdese cubrir parte dos custos dos servizos prestados pola confraría ós afiliados a ela e os usuarios da mesma.
| 16.250,00€ |
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES NTRA.SRA.DE LAS ARENAS Obxecto: COMERCIALIZACIÓN NA LONXA DE FISTERRA; FERRAMENTAS DE MELLORA PARA O VALOR DOS NOSOS PEIXES E MARISCOS.
| 17.500,00€ |
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA Obxecto: Proxecto Servizo de Comercialización e Control de Descargas no Porto de Muxía
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DEL CARMEN DE PONTEDEUME Obxecto: SUFRAGACIÓN PARCIAL DE GASTOS SALARIAIS E DE SEMENTE PARA UN PROXECTO DE COMERCIALIZACION DE NOVAS ESPECIES E DE AUMENTO DA PRODUCION
| 17.500,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CABO CRUZ Obxecto: MELLORA DA ACTIVIDADE FUNCIONAL DA CONFRARIA E DA LONXA DE CABO DE CRUZ
| 17.500,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CORCUBIÓN Obxecto: PROMOCIÓN E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS DA LONXA DE CORCUBIÓN
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE ESPASANTE Obxecto: Mellora da comercialización dos Produtos Pesqueiros e Marisqueiros da Ría de Ortigueira
| 13.680,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE LIRA Obxecto: SUBVENCIÓN PARA PERSOAL LABORAL CONFRARÍA E LONXA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CA PESCA ARTESANAL E O MARISQUEO
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES O PINDO Obxecto:Subvención de persoal para formación, conservación, divulgación e desenvolvemento do mundo do mar e todo o que xira en torno o mesmo.
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN ANDRES Obxecto: PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE XEO
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN BARTOLOMÉ DE NOIA Obxecto: MANTEMENTO PERSOAL
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN TELMO DE MUGARDOS Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN E PRODUCIÓN E APERTURA A NOVOS MERCADOS
| 18.000,00€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN TELMO PORTO DO SON Obxecto: VIXILANCIA DOS BANCOS MARISQUEIROS E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS DE DIFÍCIL SAÍDA COMERCIAL NA LONXA DE PORTO DO SON
| 17.581,21€ |
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SANTIAGO APOSTOL Obxecto: CONTROL DESCARGAS E EXPEDICIÓN EN PUNTOS DE CONTROL E POSTERIOR COMERCIALIZACIÓN
| 18.000,00€ |
Beneficiario: PÓSITO DE PESCADORES DE RIANXO Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN NA LONXA DE RIANXO
| 17.500,00€ |