Estás en:Novas

O Plan único da Deputación inviste este ano 15,5 millóns nos concellos da comarca de Bergantiños e Costa da Morte

1,2 millóns de euros destínanse para financiar gastos sociais nos 16 concellos da zona

O programa provincial dedica tamén máis de 4,5 millóns de euros para levar a cabo 55 obras e 2,4 para financiar servizos básicos dos municipios como alumeamento ou recollida de lixo

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan único para "reactivar a economía, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise"

O Plan único da Deputación inviste este ano 15,5 millóns nos concellos da comarca de Bergantiños e Costa da Morte

O Plan único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 15.512.606 euros investidos nos concellos das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte, dos que 4,5 xa teñen como destino o financiamento de 55 obras (uns números que se irán incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan) e máis de 1,2 se destinan a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de protexer aos colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais"

1,2 millóns de euros para gasto social

O Plan Único achega preto de 1,2 millóns de euros aos 16 concellos da comarca para gasto social. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 20.249 euros de Corcubión e os 196.229 euros que recibe Carballo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

4,5 millóns para 55 obras

Dentro do plan, 16 concellos da comarca executarán un total de 55 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Entre os investimentos destacan a mellora da iluminación do campo de fútbol do complexo deportivo As Eiroas de Carballo (260.065 €), a conservación e mantemento da piscina municipal da Rocheira (209.479€) e renovación do campo de fútbol da Rocheira (176.466 €) en Coristanco, construción dunha senda peonil a Lingunde (71.662 €) en Camariñas, melloras de saneamento en Borreiros (Cee), Frixe (Muxía), A Silva (Cerceda), rúa xeneral Mourelle (Ponteceso), rúa Salvador Allende (Corcubión), e O Piñeiro (Coristanco), entre outras.

Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran Dumbría (197.774 €), Fisterra (150.155 €), A Laracha (423.382 €), Laxe (133.572 €), Malpica (213.285 €), Muxía (485.093 €), Vimianzo (175.471 €) ou Zas (394.657 €).

Catorce concellos da comarca (todos agás Cerceda e Coristanco) destinan parte dos fondos do Plan Único a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeado municipal ou a recollida de lixo. Os únicos concellos da comarca que destinan este ano parte dos fondos a redución de débeda son Camariñas (10.597 €) e Cerceda (15.654 €)

O Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLO

GASTO       CORRENTE

INVESTIMENTOS

REDUCIÓN DÉBEDA

 

GASTO SOCIAL

ADICIONAL

1/2022

 

POS+ ADICIONAL

2/2022

TOTAL

CABANA

80.408,13

251.627,75

 

67.023,89

402.143,41

801.203,18

CAMARIÑAS

141.173,00

120.062,63

10.587,98

49.410,55

296.463,30

617.697,46

CARBALLO

560.654,83

402.704,01

 

196.229,20

1.177.375,14

2.336.963,18

CEE

176.350,34

174.497,42

 

61.722,62

370.335,71

782.906,09

CERCEDA

 

482.739,38

15.654,38

73.053,75

438.322,50

1.009.770,01

CORCUBIÓN

57.855,71

47.164,50

 

20.249,50

121.496,99

246.766,70

CORISTANCO

 

622.744,30

 

91.816,12

550.896,70

1.265.457,12

DUMBRÍA

100.409,19

197.774,14

 

68.752,21

412.513,27

779.448,81

FISTERRA

30.075,77

150.155,55

 

39.679,97

238.079,77

457.991,06

LARACHA, A

293.515,02

423.382,43

 

102.730,26

616.381,54

1.436.009,25

LAXE

40.000,00

133.572,22

 

39.402,85

236.417,10

449.392,17

MALPICA DE BERGANTIÑOS

162.721,50

213.285,28

 

56.952,53

341.715,15

774.674,46

MUXÍA

61.336,51

485.093,66

 

79.804,45

478.826,73

1.105.061,35

PONTECESO

212.554,42

234.735,73

 

74.394,05

446.364,28

968.048,48

VIMIANZO

309.424,85

175.471,49

 

108.298,70

649.792,19

1.242.987,23

ZAS

244.513,70

394.657,44

 

85.579,81

513.478,77

1.238.229,72