Estás en:Novas

Concha Blanco

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Concha Blanco

Obra narrativa

María Concepción Blanco Blanco, nada en Lires (Cee), é unha pedagoga, mestra e escritora en língua galega. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego.

Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. O seu labor docente empezou na Escola de Nemiña (Muxía) e continuou nas localidades do Ézaro (Dumbría), Brens (Cee), Dumbría e Cee.
É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e Secundaria ademais das correspondentes guías didácticas. Foi correspondente de prensa durante varios anos e colaborou cos seus alumnos en programas de radio. Impartiu e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de formación do profesorado e Xornadas da Nosa Lingua.

Nomeada pola Asociación de Escritoras/es en Língua Galega Escritora na súa Terra en 2021, conta con numerosos premios e galardóns desde comezos dos anos oitenta ata o presente.

A seguir imos a destacar a súa obra literaria pero, como se apuntaba, tamén elaborou materiais didácticos, libros de texto e guías didácticas.

Literatura infantil-xuvenil:
Contos prá escola (Edicións do Castro, 1981). Con ilustracións de X. Vilasantar. [S 869.9-36 BLA con]
Planeta ceboleiro (1982). Premio O Facho.
Os habitantes de Nepecifonilandia (1983). Premio O Facho.
Chuchamel, (Ed. do Castro, 1988). Con ilustracións de Carolina, Daniel e Aleixo Díaz. 
O noso Pepe (Ed. do Castro, 1988). Con ilustracións de X. Vizoso. 
¿Andrómenas? (S.M., 1989). Con ilustracións de Julio Gutiérrez Mas. 
A misteriosa montaña de Pena Negra, (Maxisterio-Casals, 1991). Con ilustracións de Cristina Losantos. 
A vaca titiriteira (Bruño, 1991).Con ilustracións de Mari Fe Quesada. [N BLA vac / v]
O milagre de Carola (Ed. do Castro, 1992). Con ilustracións de X. Vizoso.
A papoula era máxica (Ed. do Castro, 1994). Con ilustracións de X. Vizoso. [N 869.9 BLA pap / a]
A camioneta da media risa, (Bruño, 1995). Con ilustracións de Manuel Uhía Lima. 
Marcelo non me toma o pelo, (Sotelo Blanco, 1995). Con ilustracións de Vicente Blanco. [N LAP / z]
A Disco Ecoloxista (Cumio, 1995). Con ilustracións de Francisco Mantecón. 
A Maxia da Bóla Metálica e outros contos, (Cumio, 1995). Con ilustracións de Francisco Mantecón. 
O vestido de Cora (Sotelo Blanco, 1996). Con ilustracións de Jesús Fernández. [N BLA ves / r]
As loucas vacacións dunha formiga (Bruño1996). Con ilustracións de Manuel Uhía. 
O aniversario de Ana (Alfaguara Obradoiro, 1997).
A aventura das cores (Xerais, 1998).
¡A min que me importa! (Bruño, 1999). Traducida ao castelán e ao catalán.
A casa de cartón (Everest, 2000). [N BLA cas / r]
Querido Iván (Everest, 2000).
Quero que veñan meus pais (Casals, 2000) (Embora, 2014).
Estela, a domadora de rás (Ir Indo, 2002). [N BLA est / v]
Bianca (Dixital, 2003).
Boris (Galaxia, 2004).
Boris e compañía (Galaxia, 2005). [D7256 869.9-36 BLA bor]
A bruxiña da sorte (Obradoiro, 2005).
Poemas para pintar (Sotelo Blanco, 2006).
Tita (Everest, 2006). [N BLA tit / r]
Cantos da rula (Ed. do Castro, 2008).
Encontros ás agachadas (Deputación de Ourense, 2009). [N 869.9 BLA enc / a]
Os poderes máxicos de Aitema (Galaxia, 2010).
Luces, bicos e cores (Embora, 2012).
Misterio Resolto (Everest, 2012). [N 869.9 BLA mis / a]
Catuxa quere saber (Everest, 2012).
Cos ollos do avó (Embora, 2014).
As noites de Xián (Xerais, 2014).
A pantufla de Celia (Hércules, 2015).
Do re mi fantasía (Bolanda, 2016).
A bruxiña da sorte (Oqueleo, 2017)
Macedonia de versos (Aira editorial, 2018)
Oficios e profesións poemas son (Embora, 2020)
Feminino singular, en plural (Baía, 2020). 

Narrativa
Berta non soubo voar (Pentalfa, 1995).
Berta (Ir Indo, 2001). [GAL/9185]
Sara (Casals, 2004).
Habitación 202 (Everest, 2008). [N 869.9 BLA hab / a]
Nano (Everest, 2008). [N 869.9 BLA nan / a]
Coa carauta posta (Toxosoutos, 2009). [GAL/14517]
Do A ao Z con... Castelao (Everest, 2010). [GAL/16387]
O balcón do meu universo (Embora, 2015). [GAL/16902]