Estás en:Novas

A Deputación licita por 355.000 euros a a pasarela na DP 1702 sobre a liña de ferrocarril no Concello de Cambre

Trátase dun itinerario moi utilizado que conecta o núcleo do municipio coa marxe contraria do río Mero, onde se sitúa, entre outras instalacións, o IES David Buján

A Deputación licita por 355.000 euros a a pasarela na DP 1702 sobre a liña de ferrocarril no Concello de Cambre

A Deputación da Coruña licita por 355.117 euros as obras de construción dunha senda peonil e unha pasarela sobre a liña de ferrocarril na estrada provincial DP-1702, no concello de Cambre.

A actuación, que se levará a cabo entre o PQ 0+970 e o PQ 1+070, inclúe unha pasarela metálica para cruzar a liña de ferrocarril , ademais da construción de dous novos pasos de peóns elevados. A pasarela proxéctase en celosía de aceiro, cunha lonxitude de 22 metros, e levará sendas de acceso pavimentadas.

Trátase dun itinerario moi utilizado que conecta o núcleo do municipio coa marxe contraria do río Mero, onde se sitúa, entre outras instalacións, o IES David Buján.

Con esta nova execución mellorarse a seguridade nunha zona de moito tránsito e crearase unha infraestrutura renovada que redundará no beneficio da veciñanza.