Estás en:Novas

Eva Veiga

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Eva Veiga

Eva Veiga

Eva Veiga

Eva Veiga Torre é unha poeta e xornalista galega nacida en Ombre (Pontedeume).
Licenciada en Filología Inglesa pola Universidad de Santiago de Compostela, traballou en El Ideal Gallego e na TVG, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Neste campo foi dúas veces Premio TP e Premio Galicia de Comunicación. Así mesmo, presentou e dirixiu para televisión a serie documental sobre a historia da arte galego 'Galicia no Tempo', programa galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co Premio de Honra da Unesco.

Obra

Poesía:
Fuxidíos (1993). [GAL/4366]
Paisaxes do baleiro (1999). [GAL/8945]
A luz e as súas cicatrices (2005).
Desconcerto (2006). [GAL/12714]
A frecha azul do teixo (2010). [GAL/15442]
Nesta hora imposible (2010).
A distancia do tambor (2014).
Soño e vértice (2016).
Silencio percutido (2017).
Quérote canto (2020).

Ensaio:
Santiago : Cidade de peregrinación (2002).
Alfonso Costa (con Ánxeles Penas) (2008). [GAL/13623]

Traducción:
• Herbario, de Elena Poniatowska, incluido no volume A filla do filósofo, 2009. [GAL/15981]

Obras colectivas:
Alguén agarda que volva alí, 1998.
A rúa e outros relatos, de Gerry Adams, 2000. [GAL/8858]
Alma de beiramar, 2003.
Intifada: Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003.
Negra sombra: Intervención poética contra a marea negra, 2003. [GAL/10558]
Do máis fondo do silencio saen voces, 2006.
Volverlles a palabra : Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006.
A Coruña á luz das letras, 2008. [GAL/826]
Lois Pereiro en 17 voces, 2011. [GAL/7140]
Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011. [GAL/16136]
Tamén navegar, 2011. [GAL/16624]
VI Encontro de Escritores Galegos : Literatura e proxección exterior, 2012. [GAL/16342]
150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.
De Cantares Hoxe : 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, 2015. [GAL/5019]
6 poemas 6 : Homenaxe a Federico García Lorca, 2015.
Os aforismos do riso futurista, 2016.
Poetas na cociña, 2020. [GAL P 31]
Poetas na cociña II, 2021. [GAL P 38]
Poetas na cociña III, 2022. [GAL P 48]

Premios:
• 1992: Accesit XII Premio Esquío de poesía, por Fuxidíos.
• 2011: Premio Sereo da Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia.
• 2013: Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, por A distancia do tambor.
• 2014: Premio AELG á mellor obra de poesía, por A distancia do tambor.
• 2015: Premio de poesía do Concello de Carral, por Soño e vértice.
• 2015: Premio de Poesía da Cidade de Ourense, por Silencio percutido.
• 2016: Premio da Crítica Poética Galega, por Soño e vértice.
• 2021: Premio Antón Lousada Diéguez, por Quérote canto.

A autora di:

Ramiro Torres Que é para ti a poesia?

Eva VeigaA poesía primeiro de todo foi para min, e segue a ser, marabilla: ese acontecemento, esa "maxia" pola que as palabras –(des)colocadas nunha orde (in)determinada- eclosionan nunha nova vida plurisignificativa. A poesía é un espazo libertario, unha quebra do sistema ordinario de pensar, de percibir, de sentir.
Neste senso, a palabra poética non só nos axuda a desvelar a realidade ou nos achega ao descoñecido e aínda ao indicible, senón que a súa propia creación está xa a ser fornecedora dunha outra maneira –máis afectiva, máis crítica- de ollar e de relacionarnos co mundo.
Por outra parte, a poesía ponnos en contacto coa materia máis sutil do noso ser individual e colectivo. O ritmo poético remítenos ao corazón e á orixe. O poema ten unha dimensión vibratoria que nos afecta sempre dalgún xeito e o que di non se pode dicir de ningunha outra maneira.
De todos modos, xa sabemos que a poesía non se deixa delimitar doadamente, mais eu adoro esa definición que fai Luísa Villalta no seu poema "Ritos de resistencia": "Fronte á rutina, o rito da palabra tensa a pel / do mundo: un tambor que desperta".

Entrevista completa aquí . Fonte: Revista Palavra Comum