María Rei Vilas
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
María Josefa Rey Vilas, máis coñecida como María Rei Vilas, naceu na Laracha, e é catedrática de Bioloxía e Xeoloxía ademáis de escritora galega.
Exerce a súa profesión de Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no IES Agra de Leborís da Laracha e colabora no eido do asociacionismo educativo da comarca de Bergantiños. É autora de libros de texto de Bioloxía e Xeoloxía.
En 2020 escribe a súa primeira novela, coa que xa acadou diversos premios.
Obra
- Flores de ferro (2020). [GAL N 31]
Premios
- Premio García Barros 2020 por Flores de ferro.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por Flores en Ferro en 2022.
A autora di:
'Flores de Ferro', ambientada nos anos 80, achégase aos silencios da represión, co elemento que lle dá título moi presente na trama ao tempo que se fai metáfora das mulleres que a protagonizan.
A novela está escrita desde tres puntos de vista. Está Camila, a protagonista máis nova, situada en 1987, que tería 35 anos. Aínda que é un pouco maior ca min, identifícome con ela. Creo que medrei cun relato desfigurado da realidade. Son da Laracha, dunha vila pequena, meus pais veñen dun contexto rural. Estiven sempre rodeada de mulleres fortes -as miñas veciñas, as miñas tías, as miñas avoas-, pero que nunca se atreveron a falar do pasado de fronte, con ese silencio ou negación, mesmo ocultación do pasado familiar, nalgúns casos republicano.
É como unha débeda coa xeración das miñas avoas ou da miña nai, que morreu mentres estaba a escribir a novela, por certo, e ten o nome dunha das protagonistas. Son historias que fun almacenando durante moito tempo na miña cabeza, ou en cartafoles. Tamén tivo peso un obradoiro de teatro onde a media era de 70 anos, todas mulleres. Alí aprendín a ver un pouco cos ollos delas.
Fonte: Nós Diario, Entrevista feita por Irene Pin o 23/11/20. Dispoñible en liña