Ana Romaní
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Ana Romaní
Ana Romaní Blanco, nada en Noia, é unha poeta e xornalista cultural galega, e tamén académica numeraria da Real Academia Galega.
Participou na creación de asociacións e revistas culturais na súa terra. Foi actriz de dobraxe e desde 1988 está vencellada á Radio Galega. Canda a Antón Lopo fundou o Laboratorio de Indagacións Poéticas, participou na creación da revista Festa da Palabra Silenciada e da asociación Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM). Elabora con outras autoras o estudo Muller e Medios de Comunicación. Imaxe e Protagonismo. Forma parte da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Escribiu as biografías de María Mariño, Belén Feliú e Xela Arias para o "Álbum de Mulleres".
No 2018 foi Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Goberno de España. Na acta o xurado motivou así a concesión do galardón: "pola súa longa traxectoria no xornalismo, o seu labor arreo na promoción da cultura e da radio con formatos propios, (...) pola súa visión do feminismo crítico e compromiso social.
Obra
Poesía
- Palabra de mar, 1987.
- Das últimas mareas, 1994.
- Arden, 1998.
- Love me tender, 2011.
- Estremas, 2010. [GAL/16212]
- A desvértebra, 2020.
Ensaio, edicións e outros xéneros
Publicou artigos en numerosas revistas e colabora no Album de Mulleres do Cosello da Cultura Galega. Tamén tomou parte nunha gran cantidade de obras en colaboración. De todas elas imos destacar al que seguen pois son algunhas das que se poden consultar na bilbioteca:
- Antoloxía, de Antón Avilés de Taramancos, 2003. [GAL/10468]
- Avilés de Taramancos: fotobiografía sonora, 2009 [GAL/14473]
- Táctil resonancia : da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas / [discurso lido o día 6 de abril de 2019 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Ana Romaní e resposta da excelentísima señora dona Margarita Ledo Andión] [GAL I 67]
Premios
Premio Xerais á cooperación no labor cultural no 1999.
Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural no 2000.
Premio da AELG no 2007, ao Diario Cultural.
Premio ao Fomento da Lectura na modalidade de radio da Federación de Gremios de Editores de España no 2007, ao Diario Cultural.
Premio Atlántida á xornalista radiofónica do Gremi de Editors de Catalunya no 2008.
Premio de honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia no 2009.
Premio á Traxectoria Xornalistica da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
Premio Ánxel Casal ao libro de poesía, dos premios da Edición da Asociación Galega de Editores, no 2010, por Estremas.
Premio da AELG de poesía no 2011, por Estremas.
Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por Estremas.
Premio Xiria da Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas no 2011.
Premio da AELG á mellor xornalista cultural de 2012
Premio III Gala do Libro Galego á traxectoria no xornalismo cultural no 2018.
Premio da Crítica Galicia 2018.
Premio Nacional de Xornalismo Cultural no 2018.
Premio da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense en 2019.
Premio da Crítica de poesía galega 2021 por A desvértebra.
Premio Follas Novas do Libro Galego 2021. por A desvértebra.
Proxectos artísticos
- O Son da Pedra de Milladoiro.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once poetas galegas da Fundación Rosalía de Castro.
- Son delas, coordinado por Uxía Senlle.
- Ó outro extremo do paraíso, 1997, con Antón Lopo.
- Lob*s, 1999, con Antón Lopo.
- Arden e Lisboa, 2000, con Rodrigo Romaní.
- Estalactitas (2002) con Anxos Romero e Lupe Gómez.
- Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade (2002), en solitario.
- A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos con Anxo Quintela
A autora di:
Creo que os medios públicos de Galicia teñen pendente esa función de crear modelos propios de comunicación e información para un país, ir mais aló de ser medios de comunicación en galego, e crear modelos e paradigmas propios. Por outra banda, na base das miñas preocupacións profesionais está a visibilización da cultura en toda a súa amplitude, porque a cultura non é unha axenda de lecer nin un relato acelerado dunha sucesión de espectáculos sometido aos intereses do mercado ou doutra índole, que os hai.
Deberían ser os medios galegos, modelos de información dun país, polo tanto deseños propios de parámetros informativos, de liñas de programación, de estruturas organizativas que garantan a súa independencia, desde un profundo coñecemento e análise da historia e o presente dun país, dunha cultura, do idioma no que é. Como todas e todos vostedes saben, pensar en galego vai moito máis alá da lingua de uso, supón unha perspectiva, unha posición, unha realidade. Somos idioma, non a súa tradución. [Do discurso de ingreso na Academia Galega].