A Deputación leva a pleno un investimento de 211.000 euros para mellorar a accesibilidade peonil da rúa Compostela de Carballo
Ampliaranse as beirarrúas e instalaranse zonas verdes, creando zonas de esparexemento para a poboación
A Deputación da Coruña leva ao pleno do venres, 26 de maio, un invesstimento de 211.266 euros para mellorar a accesibilidade da rúa Compostela, en Carballo, no tramo comprendido entre a rotonda da Milagrosa e o cruce coas rúas Emilio González López e José María Castroviejo. Do mesmo xeito, levarase a cabo a renovación das redes de servizos e da capa de rodadura.
A Deputación fomenta con esta actuación, de novo, a circulación peonil fronte á rodada, adaptando a rúa, no tramo proxectado, á normativa de accesibilidade. Deste xeito, propóñense unhas beirarrúas mínimas de 1,95 m de ancho. Cómpre indicar que se elimina a zona de aparcamento da marxe esquerda e na marxe dereita propóñense zonas verdes, creando zonas de esparexemento para a poboación.
Ademais adaptaranse os pasos de peóns localizados nos cruces coas rúas Emilio González López e José María Castroviejo, máis o localizado ao final do tramo de actuación á normativa de accesibilidade.
A superficie de demolición que se ha realizar para a execución dos traballos proxectados é de 1.750 m°' e o volume das escavacións é de 694,26 m 3 '
Unha vez instaladas as canalizacións estas encheranse con material da escavación e máis con saburra reciclada. Do mesmo xeito, cando sexa necesario reforzaranse con formigón.
Proponse a renovación da rede de saneamento de fecais, posto que a actual está en mal estado. Deste xeito, proponse a instalación de dúas liñias de fecais de 175 m de lonxitude, proxectadas cunha tubaxe de polipropileno e instalaranse nove pozos de rexistro prefabricados de formigón.
Proponse tamén a execución das acometidas a nova rede, deste xeito realizaranse 14 acometidas de 200 mm de diámetro.
Na actualidade no ámbito de actuación existe rede de saneamento de pluviais que ese atopa en mal estado, polo que se propón a substitución de 125 m.
Construiranse tamén 8 pozos de rexistro prefabricados de formigón e 8 sumidoiros para garantir o correcto funcionamento da beirarrúa prevista.
Doutra banda, proponse a renovación na beirarrúa da marxe dereita dunha canalización de telecomunicacións formada por 4 condutos e instalaranse tamén nos extremos da canalización con dúas arquetas
Rede de alumeado público
Levarase a cabo a renovación da instalación da canalización de alumeado formada por un tubo de PVC de diámetro 90 mm, nunha lonxitude de 200 m.