Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña
93 concellos da provincia dan para moito escribir, e por iso lanzamos unha nova edición do concurso #HoxeEscriboEn no que a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña nos unimos para animarvos a escribir sobre os vosos lugares dentro da provincia da Coruña.
Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición do teu concello, cun persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental... calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello!
O prazo de presentación é entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.
Achegamos as BASES COMPLETAS, o cartel desta edición e tamén unha serie limitada de marcapáxinas con lugares da provincia para a promoción do concurso, que podedes conseguir nas bibliotecas municipais e nas oficinas de turismo da provincia.
FORMULARIO PARA ENVIAR O TEU RELATO
Bases completas do concurso #HoxeEscriboEn 2023:
1. Primeira. – Obxecto
O obxecto do concurso é fomentar o talento creativo, a animación á escritura e á lectura e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña; sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un e a importancia de preservalo. Para iso a Biblioteca provincial xunto coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña convocan unha nova edición do concurso de relatos da provincia.
2. Segunda. – Participantes
Poderán participar todas as persoas físicas, maiores de idade, usuarias ou non da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, de xeito libre. Quedan excluídas todas as persoas con calquera tipo de relación laboral coa Biblioteca provincial e coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña.
3. Terceira. – Formato
Os relatos presentados ambientaranse ou referiranse a un concello da provincia da Coruña, non será necesario que o autor viva nel, e deberán estar relacionados con algún destes temas: a historia local, lendas propias, tradicións do pobo, persoeiros destacados, os valores positivos do concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental do concello, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do concello.
Deberán estar escritos en galego ou castelán, ser inéditos e non se presentaren en ningún outro concurso.
O texto terá unha extensión entre 500 e 2000 palabras, escritos a dobre espazo con letra Times New Roman, en corpo 12. Presentarase como un arquivo de texto en formato .doc, .docx ou .odt.
4. Cuarta. – Forma de presentación
A presentación dos relatos deberá ser a través do formulario habilitado na web da Biblioteca da Deputación da Coruña.
O formulario encóntrase na web da biblioteca https//www.dacoruna.gal/biblioteca na seguinte ruta Actividades > Concursos > Concurso #HoxeEscriboEn > Edición 2023
Tamén se pode premer na seguinte ligazón: https://dacoruna.gal/biblioteca/actividades/concur/consurso-hoxeescriboen/edicion-2023
Cada participante deberá realizar unha inscrición na que indique o seu nome e apelidos, concello da provincia desde o cal participa e no que se ambienta o relato, teléfono de contacto e enderezo postal.
Deberá enviar como arquivo adxunto a esta inscrición o relato en formato .doc, .docx ou .odt.
Cada persoa poderá participar cantas veces queira, deberá enviar un formulario por cada participación.
Para resolver dúbidas do concurso, pódese contactar enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 080 176.
5. Quinta. - Prazo de presentación
O prazo de presentación do relato é do 1 de xullo de 2023 ao 31 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos. Non se considerarán as propostas presentadas fóra deste prazo.
6. Sexta. – Xurado
Os relatos serán valorados por un xurado especializado, e a súa decisión será inapelable. A valoración basearase en criterios de orixinalidade, calidade na redacción, calidade lingüística e aproximación á temática proposta nas bases primeira e terceira.
O nome das persoas gañadoras darase a coñecer no mes de setembro de 2023.
7. Sétima. –Premio
O primeiro premio consistirá nunha estancia para dúas persoas de dúas noites, con almorzo incluído, nun establecemento do tipo de cabanas rurais da provincia da Coruña.
O segundo premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nunha casa rural da provincia da Coruña.
O terceiro premio consistirá nunha comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia da Coruña.
Ademais entre os participantes sortearanse varios lotes de produtos da provincia.
As persoas que resulten galardoadas recibirán a comunicación por teléfono ou correo electrónico e publicaranse nas redes sociais e web da biblioteca.
As datas de percepción dos premios serán concretadas coas persoas gañadoras, unha vez resolto o concurso.
8. Oitava. –Entrega do premio
A entrega dos premios será nun acto público que se realizará na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, as persoas gañadoras deberán estar presentes no acto de entrega do premio.
Os lotes de produtos da provincia, que sortearán entre os relatos ambientados en cada concello, serán enviados por correo postal ao enderezo sinalado polos participantes na súa mensaxe de participación, tal e como se solicita na base cuarta.
9. Novena. – Dereitos e deberes
A participación no concurso leva aparellada a autorización para publicar os relatos, xunto co nome e apelidos das persoas participantes, nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza a Sección de Turismo da Deputación da Coruña, a Biblioteca, e a Deputación da Coruña; incluídas as redes sociais e a plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.
Os relatos presentados ao concurso de xeito incompleto ou que non se axusten ou incumpran as bases, así como aqueles de contido inadecuado, serán excluídos.
A participación no concurso implica a aceptación total destas bases, e que os participantes se fan responsables da autoría e contido dos relatos, que non vulnerarán os dereitos de honra, intimidade persoal / familiar e á propia imaxe de terceiras.Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición do teu concello, cun persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental... calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello!
O prazo de presentación é entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.
Achegamos as BASES COMPLETAS, o cartel desta edición e tamén unha serie limitada de marcapáxinas con lugares da provincia para a promoción do concurso, que podedes conseguir nas bibliotecas municipais e nas oficinas de turismo da provincia.
Bases completas do concurso #HoxeEscriboEn 2023:
1. Primeira. – Obxecto
O obxecto do concurso é fomentar o talento creativo, a animación á escritura e á lectura e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña; sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un e a importancia de preservalo. Para iso a Biblioteca provincial xunto coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña convocan unha nova edición do concurso de relatos da provincia.
2. Segunda. – Participantes
Poderán participar todas as persoas físicas, maiores de idade, usuarias ou non da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, de xeito libre. Quedan excluídas todas as persoas con calquera tipo de relación laboral coa Biblioteca provincial e coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña.
3. Terceira. – Formato
Os relatos presentados ambientaranse ou referiranse a un concello da provincia da Coruña, non será necesario que o autor viva nel, e deberán estar relacionados con algún destes temas: a historia local, lendas propias, tradicións do pobo, persoeiros destacados, os valores positivos do concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental do concello, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do concello.
Deberán estar escritos en galego ou castelán, ser inéditos e non se presentaren en ningún outro concurso.
O texto terá unha extensión entre 500 e 2000 palabras, escritos a dobre espazo con letra Times New Roman, en corpo 12. Presentarase como un arquivo de texto en formato .doc, .docx ou .odt.
4. Cuarta. – Forma de presentación
A presentación dos relatos deberá ser a través do formulario habilitado na web da Biblioteca da Deputación da Coruña.
O formulario encóntrase na web da biblioteca https//www.dacoruna.gal/biblioteca na seguinte ruta Actividades > Concursos > Concurso #HoxeEscriboEn > Edición 2023
Tamén se pode premer na seguinte ligazón: https://dacoruna.gal/biblioteca/actividades/concur/consurso-hoxeescriboen/edicion-2023/
Cada participante deberá realizar unha inscrición na que indique o seu nome e apelidos, concello da provincia desde o cal participa e no que se ambienta o relato, teléfono de contacto e enderezo postal.
Deberá enviar como arquivo adxunto a esta inscrición o relato en formato .doc, .docx ou .odt.
Cada persoa poderá participar cantas veces queira, deberá enviar un formulario por cada participación.
Para resolver dúbidas do concurso, pódese contactar enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 080 176.
5. Quinta. - Prazo de presentación
O prazo de presentación do relato é do 1 de xullo de 2023 ao 31 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos. Non se considerarán as propostas presentadas fóra deste prazo.
6. Sexta. – Xurado
Os relatos serán valorados por un xurado especializado, e a súa decisión será inapelable. A valoración basearase en criterios de orixinalidade, calidade na redacción, calidade lingüística e aproximación á temática proposta nas bases primeira e terceira.
O nome das persoas gañadoras darase a coñecer no mes de setembro de 2023.
7. Sétima. –Premio
O primeiro premio consistirá nunha estancia para dúas persoas de dúas noites, con almorzo incluído, nun establecemento do tipo de cabanas rurais da provincia da Coruña.
O segundo premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nunha casa rural da provincia da Coruña.
O terceiro premio consistirá nunha comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia da Coruña.
Ademais entre os participantes sortearanse varios lotes de produtos da provincia.
As persoas que resulten galardoadas recibirán a comunicación por teléfono ou correo electrónico e publicaranse nas redes sociais e web da biblioteca.
As datas de percepción dos premios serán concretadas coas persoas gañadoras, unha vez resolto o concurso.
8. Oitava. –Entrega do premio
A entrega dos premios será nun acto público que se realizará na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, as persoas gañadoras deberán estar presentes no acto de entrega do premio.
Os lotes de produtos da provincia, que sortearán entre os relatos ambientados en cada concello, serán enviados por correo postal ao enderezo sinalado polos participantes na súa mensaxe de participación, tal e como se solicita na base cuarta.
9. Novena. – Dereitos e deberes
A participación no concurso leva aparellada a autorización para publicar os relatos, xunto co nome e apelidos das persoas participantes, nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza a Sección de Turismo da Deputación da Coruña, a Biblioteca, e a Deputación da Coruña; incluídas as redes sociais e a plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.
Os relatos presentados ao concurso de xeito incompleto ou que non se axusten ou incumpran as bases, así como aqueles de contido inadecuado, serán excluídos.
A participación no concurso implica a aceptación total destas bases, e que os participantes se fan responsables da autoría e contido dos relatos, que non vulnerarán os dereitos de honra, intimidade persoal / familiar e á propia imaxe de terceiras.