Estás en:Novas

A Deputación redacta o proxecto para a mellora da seguridade viaria no núcleo de Callobre, en Oza-Cesuras

O proxecto incluirá a ampliación da estrada e a habilitación de sendas peonís, completando as melloras realizadas na estrada DP 6301 tanto na entrada coma na saída do núcleo

A Deputación redacta o proxecto para a mellora da seguridade viaria no núcleo de Callobre, en Oza-Cesuras

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a sinatura do contrato para a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada DP 6301 ao seu paso polo núcleo de Callobre, no municipio de Oza Cesuras.

O proxecto deberá detallar as actuacións necesarias para a ampliación da vía entre os puntos quilométricos 1+180 e 1+720 e a habilitación de sendas ou beirarrúas accesibles que permitan un tránsito peonil seguro aos residentes de Callobre.

As obras completarán as melloras xa efectuadas pola Deputación tanto no tramo da estrada que dá acceso a Callobre coma no de saída do núcleo, donde a sección da vía foi ampliada de cinco a oito metros de ancho, contribuíndo así a unha importante mellora na seguridade do tráfico.