A Deputación licita por 802.384 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada de Neaño ao Allo, en Cabana de Bergantiños
O tramo da actuación relizarase entre o PQ 0+680 e o PQ 1+900
As obras que se han realizar consisten na execución dunha senda de 1,2 quilómetros e na ampliación da plataforma ata conseguir dous carrís de 3,5 metros de ancho
A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación das obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-1406, no tramo que vai de Neaño ao Allo, pasando por Cesullas, no Concello de Cabana de Bergantiños. O prazo de presentación de ofertas remata o 6 de novembro.
A actuación, que se realizará entre os PQ 0+680 e o PQ 1+900, conta cun orzamento de 802.384 euros.
As obras que se han realizar consisten na execución dunha senda de dous metros de ancho, pola marxe dereita da estrada entre o PQ 0+680 e o PQ 1+900, e na ampliación da plataforma ata conseguir dous carrís de 3,5 metros e beiravías de 0,5 metros, salvo na zona na que se executan os muros, na cal a beiravía da marxe esquerda terá un ancho de 1 metro.
Para levar a cabo esta actuación vanse levar a cabo os movementos de terras previos, colocarase unha capa de xabre e regularase o firme, colocarase un muro de dique renovaranse as infraestruturas para a drenaxe de auga.
Por último colocarase unha nova sinalización vertical, horizontal e incluirase un balizamento ao largo do percorrido, xunto cunha separación do carril a través dunha banda lonxitudinal con ollos de gato.
As expropiacións dos terreos necesarios para a execución dos traballos xa están completadas.