Contos que rachan cadeas
A actividade consiste en orientar a mocidade da provincia á tolerancia cero cara á violencia de xénero, con dinámicas específicas nas que se empregarán lecturas e materiais audiovisuais de diversa índole que esperten o seu interese, para que posteriormente de maneira individualizada continúen investigando e afondando nos conceptos tratados.
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña comeza un programa de dinamización nas bibliotecas da Provincia da Coruña, que consiste en orientar a mocidade á tolerancia cero cara á violencia de xénero.
Para iso, iniciamos o proxecto <Contos que rachan cadeas> orientada á mocidade da provincia. A través das lecturas e de material audiovisual, traballarase o amor propio cunha metodoloxía activa e participativa, que sitúe as persoas como motor e eixo central, mediante o establecemento de dinámicas que favorezan e fomenten o intercambio de ideas e o debate.
Contos que rachan cadeas na Biblioteca da Deputación
Lugar: Biblioteca da Deputación da Coruña
Día: 23 de novembro de 2023, ás 18:00 h
Idade: 13 a 17 anos
Inscrición: a partir do 20 novembro
Teléfono: 981 080 171
Horario: 11:00 a 13:00 h 17:00 a 20:00 h
Temas que se tratarán:
Amor propio
Amor romántico
A actividade consiste en orientar os mozos e mozas cara a tolerancia cero en canto á violencia de xénero, a través da execución de dinámicas específicas nas que se empregarán lecturas e materiais audiovisuais de diversa índole, que esperten o seu interese para posteriormente e de maneira individualizada que continúen investigando e afondando nos conceptos tratados.
A presente proposta céntrase primeiro en traballar o amor propio, para posteriormente establecer cal é o amor e o tipo de relación que buscamos manter coas demais persoas, en prol do establecemento de relacións sas e asentadas na igualdade.
Obxectivos:
- Fomentar os contos e a lectura como ferramentas de apoio e axuda para que os e as adolescentes desenvolvan competencias emocionais.
- Estimular a reflexión, valorarse a si mesmo/a e tomar conciencia de síntomas non tolerables. Tolerancia cero cara á violencia de xénero.