Branca Vilela
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Branca Vilela Fernández, é unha poeta galega de Fisterra.
Realizou estudos de Xestión Empresarial. Foi armadora dunha empresa francesa e outra española. Despois foi empresaria de restauración e agora traballa na organización de congresos e recitais.
Escritora dende moi nova, gañou algúns premios literarios. O seu primeiro poemario Anclas varadas en la memoria (en castelán) apareceu en 2004. Co poemario A faciana das augas (2005) participou nun estudo da Universidade de Dakota do Norte e recibiu a mención de honra ao mellor poemario escrito en lingua romance o que a levou a facer unha xira por diferentes estados dos Estados Unidos. En 2008 foi finalista do II Premio Internacional Rubén Darío co libro Préstame tu voz. Premio Escriduende ó conxunto da súa obra (2016).
É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, socia fundadora do Pen Club España e pertence a comisión de mulleres escritoras do Pen Club Internacional. Foi codirectora das Xornadas Literarias: Fisterra Patrimonio Cultural Europeo, I Encontro Cabana de Bergantiños, I Encontro e organizadora do I Recital Poético Solidario.
Obra
Poesía
• Anclas varadas en la memoria, 2004, Sial.
• A faciana das augas, 2005, Toxosoutos.
• Déixame a túa voz, 2008. Edición bilingüe galego-castelán. Editorial Sial [GAL/14166]
• A forza do poema, 2012, Lastura.
• Me diste la tierra, 2013. Sial Pygmalion.
• No silencio dos lapis, 2017, Pigmalión Edypro. [GAL P 71]
• Costa da Morte, Territorio Literario (Antoloxía), 2017, Pigmalión Edypro.
• Adeus espido do mar, 2019, Trifolium. [ GAL P 70]
• Pesadelo da creación, 2022, Medulia.
Obras colectivas
• Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Edición bilingüe galego-castelán.
• 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
• La voz y la escritura. Sial.
• Guia viva de heterodoxos. Sial.
• La primera vez que perdí el alma, encontré el sexo. Sial.
A autora na Rede
Branca Vilela na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.