Estás en:Novas
Autoras da provincia

Lupe Martínez

O recuncho semanal das nosas autoras, #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras, ficou desta na Coruña para destacar o labor da historiadora Lupe Martínez.

Lupe Martínez

Lupe Martínez

Guadalupe Martínez Junquera, coñecida como Lupe Martínez, nada na Coruña, é unha historiadora e escritora galega.

Licenciada en Socioloxía, é funcionaria na administración autonómica. Membro da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña e colaboradora de Nós Diario, publicou o libro Coa man armada. Ejército Guerrillero de Galicia – IV Agrupación (1946-1948) (2007), ademais de artigos sobre memoria histórica, nomeadamente, da guerrilla antifranquista. Colabora en Nós Diario e Murguía.

Obra

  • Coa man armada. Ejército Guerrillero de Galicia – IV Agrupación (1946-1948). Vigo: A Nosa Terra.
  • Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia, A Coruña: Deputación Provincial, 2023. [GAL I 312]

Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña é unha parte da Historia dos homes e mulleres que fixeron que aquela idea de que en Galicia a sublevación dos militares franquistas foi un paseo sen resistencia, virase nunha falsidade perfectamente constatada, plena de argumentario intelixente, deixando que falen os documentos.
É este un traballo rigoroso onde a autora achega un catálogo de combatentes antifranquistas que actuaron na provincia da Coruña, tamén con conexións noutras provincias. Recóllense biografías individualizadas e un amplo contexto onde situar o fenómeno das guerrillas na provincia da Coruña, a máis activa e combativa, aínda que en todo o país tivo un papel importante tras o final da Guerra Civil e a posterior ditadura.
Homes e mulleres senlleir@s, como Benigno Andrade García Foucellas, Manuel Ponte Pedreira, Adolfo Allegue Allegue Riqueche e Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer, comparten protagonismo con outros e outras menos coñecidos, grazas a un salientable traballo de pescuda arquivística que nos achega Lupe Martínez. (Tirado da páxina da editorial Galaxia)

A autora nas Redes

  • https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/256329-lupe-martinez-historiadora-guerrilla-fixen-libro-eu-querria-atopar-libraria
  • https://editorialgalaxia.gal/autor/martinez-lupe/
  • https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/corunesa-foi-zona-mais-combativa-do-pais/20231205192114184200.html
  • https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/mercores-nunca-guerrilla-golpeou-tanto-como-liderado-gayoso-seoane/20211212172332133960.html