Estás en:Novas

Ana Boullón

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Ana Boullón

Discurso R.A.G.

Ana Boullón

Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal, é unha lingüista, tradutora e autora galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega e, en sesión do 22 de decembro de 2020, foi elixida académica de número. Leu o discurso de ingreso na Pobra do Caramiñal o 11 de novembro de 2021, contestado por Ramón Lorenzo.

É profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, os seus traballos académicos xiran en torno ó estudo dos nomes propios, a edición de textos e da lexicografía. Ten participado na elaboración de dicionarios, en congresos internacionais e publicado en volumes colectivos e en revistas de investigación.

No campo da tradución literaria, participou na tradución da colección das series de mitoloxías publicadas por Xerais (romana, viquinga, exipcia, celta), así como outras novelas en Xerais e Alfaguara. É membro da Asociación de Traductores Galegos e do Consello de redacción da súa revista, Viceversa, que se edita en colaboración coa Universidade de Vigo.

Obra

Infanto-xuvenil (con Pere Tobaruela e Ilustracións de Andrés Mexide)

• A rebelión das rúas (2007). 
• A Cruz dos Farrapos (2007).
• Unha vaca marela en Compostela (2008). 
• Peregrino na sombra (2009). 
• ¿Unha pantasma na cidade? (2009). 

Ensaio

• Contribución ó estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986).
• Todos os nomes : identidade, pobo, país : discurso lido o día 11 de decembro de 2021 no acto da súa recepción... (2021) [GAL I 154]

Obras colectivas

• Dicionario normativo galego-castelán (1988).
• Vocabulario comercial básico (1988). [GAL/125]
• Dicionario escolar galego (1989). 
• Léxico administrativo castelán-galego (1991). 
• Diccionario dos nomes galegos (1992).  [806.99 DIC / a]
• Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992).
• O teu nome (1994). 
• Guía bibliográfica da lingüística galega (1996).
• Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996).
• Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998).
• Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización (2016). 
• Aproximacións á variación lexical no dominio galego-portugués (2017).

Como editora

• Teatro de máscaras, de Ramón Otero Pedrayo (1989). [GAL/1044]
• Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media (2007).
• Estudar toponimia. Aproximacións metodolóxicas e interpretativas (2017).
• Antroponimia e lexicografía (2018).

Como tradutora

• Un ordenador nada ordinario, de Michele Kahn (1990). [N KAH ord / v]
• A cripta do apóstolo, de Pere Tobaruela (2010). [N TOB cri / a]
• Poñente, de Pere Tobaruela (2011).
• Resurrección, de Lea Tobery (2011).
• Vapor, de Lea Tobery (2014).