Estás en:Novas

Día do Libro 2024 na Biblioteca da Deputación da Coruña

Durante toda a semana  festexamos unha das celebracións máis importantes para as persoas e entidades que compartimos a lectura como unha das nosas paixóns.

Día do Libro 2024 na Biblioteca da Deputación da Coruña

O 23 de abril celébrase o Día do Libro, e con tal motivo preparamos unha serie de actividades para conmemorar a data:

22 de abril ás 10:00 h - A Biblioteca da Deputación coa provincia

As persoas lectoras do Concello de Coirós visitarán as nosas instalacións e fondos da man da súa biblioteca municipal.

23 de abril ás 12:00 h - Visita guiada

Coñece os tesouros e fondos destacados da biblioteca.

15 prazas

Anotarse enviando correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176 e deixando o nome e apelidos e un teléfono de contacto.

24 de abril ás 12:00 h - Formación eBiblioDaCoruna

Amosámosche as novas funcionalidades da eBiblioDaCoruna préstamo de contidos
(libros, xornais, revistas, audiolibros) participación de clubs de lectura en liña ou aprender coas nosas pílulas dixitais.

10 prazas

 Anotarse enviando correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176 e deixando o nome e apelidos e un teléfono de contacto.

26 de abril ás 18:30 h - Proxección de documental

"O médico dos pobres" de Federico A. Riobóo.


Sala Manuel López - ENTRADA LIBRE

22 AO 27 DE ABRIL

Luis Mateo Díez - Premio Cervantes 2024

  • Mostra bibliográfica dos recursos do autor na Biblioteca César Antonio Molina.
  • Recuncho temático dedicado ao autor nos espazos da biblioteca
  • No Club de Lectura dixital da eBiblioDacoruna lemos e comentamos unha obra do autor.
  • No obradoiro de lectura de adultos lemos "El reino de Celama"

Sabías que...?

Compartimos algúns datos curiosos sobre o por que da celebración deste día.

2.png