Estás en:Novas

Programa de lecturas no EBIBLIODACORUNACLUB, o club lector dixital da provincia da Coruña

EbiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todos os usuarios lectores das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña.

Programa de lecturas no EBIBLIODACORUNACLUB, o club lector dixital da provincia da Coruña

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que podas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

Programa de lecturas setembro - decembro 2022

    •  "Outra idea de Galicia" de Miguel Anxo Murado. Comeza 29 de setembro
    •  "Cartas de amor a Stalin" de Juan Mayorga. Comeza 20 de outubro
    •  "Carrusel" de Berta Dávila. Comeza 3 de novembro
    • "Obra maestra" de Juan Tallón. Comeza 25 de novembro

Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.
1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL  https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/#!/
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente ( " Arredor dos libros" dedicado a escritores galegos, e "Compartiendo lecturas", no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros.

Se tes dúbidas ou non coñeces o EbiblioDaCorunaClub tes toda a info https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector