Estás en:Novas

Formoso felicita á Sociedade Filarmónica Ferrolana no seu 75 aniversario

Formoso felicita á Sociedade Filarmónica Ferrolana no seu 75 aniversario

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu no Auditorio de Ferrol ao concerto de conmemoración do 75 aniversario da Sociedade Filarmónica Ferrolana.

O presidente entregou un obsequio á presidenta, Flor Castro, e felicitou á directiva da entidade, fundada en 1949. "Setenta e cinco anos e 500 concertos despois, a Sociedade Filarmónica Ferrolana segue sendo a gran referencia da música clásica en Ferrol", afirmou.

O concerto, a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia, estivo dirixida por Christian Vázquez.