Estás en:Novas

Formoso participou na Homenaxe a Domingo García-Sabell

Formoso participou na Homenaxe a Domingo García-Sabell

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá no cemiterio de Boisaca na homenaxe a Domingo García-Sabell organizada pola Fundación Carlos Casares, que incluíu unha ofrenda floral e unha breve lectura dos seus textos.

Formoso participou na ofrenda floral e destacou que "o doutor García-Sabell foi unha figura clave da política e a cultura galega. Un humanista sempre comprometido con Galicia, cuxa memoria permanece viva en nós"

Os actos continuarán esta tarde ás 19:00 horas no Consello da Cultura Galega, cunha mesa redonda na que participarán Xesús Alonso Montero, Marina Mayoral e Darío Villanueva, que será moderada por Serxio María Rodríguez Álvarez