A Deputación renova o convenio para financiar a programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas da USC
A deputada de Igualdade, Sol Agra, e o reitor da universidade compostelá, Antonio López, asinaron o acordo, que inclúe unha subvención de 35 000 euros por parte da institución provincial
A programación de actividades en 2024 do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas (CIFEX) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) volverá contar co apoio da Deputación da Coruña. A deputada de Igualdade, Sol Agra, e o reitor da USC, Antonio López, asinaron a renovación do convenio, que inclúe unha subvención de 35 000 euros —o 80 por cento do orzamento total— por parte da institución provincial.
O CIFEX é un centro de investigación interdisciplinario da Universidade de Santiago de Compostela que conta con apoio da institucións públicas e outros organismos; entre eles, a Deputación da Coruña. Investigación interdisciplinaria, docencia, formación e asesoramento en cuestións referidas ás relacións e roles de xénero centran a súa programación.
O CIFEX actúa como centro aglutinador e de máxima coordinación na investigación das relacións e roles de xénero e das mulleres, sobre todo desde o punto de vista da relevancia social e, particularmente con vistas ao coñecemento educativo, psicolóxico, social, histórico, lingüístico, filosófico, biolóxico, médico e xurídico, entre outros.
Entre as actividades científicas con impacto científico, social, e político que programa o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas están os como congresos científicos, simposios, seminarios, cursos de posgrao, másters, programas de doutoramento ou cursos de verán de alcance nacional e internacional. Inclúe tamén a edición e publicación de redaccións periódicas monografías e memorias de actividades.
A colaboración da Deputación co CIFEX forma parte do compromiso da institución provincial de apoiar a actividade de organismos e entidades que traballan en prol da igualdade de xénero como, neste caso, o sector académico, que a través da investigación, educación e divulgación, pon en coñecemento da sociedade galega cuestións coma as relacións e roles de xénero e das mulleres desde un punto de vista interdisciplinario, entre moitas outras.