Estás en:Novas

Continúa a formación sobre a creación de produtos turísticos paquetizables e vinculados á gastronomía nos Fogóns do Anllóns

Este luns haberá unha sesión online sobre "Boas prácticas para o ensamble do sector primario e restauración"

O programa formativo consta de 5 sesións presenciais e en liña destinadas a empresas do sector turístico dos 5 concellos asociados ao Plan de sustentabilidade turística en Destino dos Fogóns do Anllóns

Continúa a formación sobre a creación de produtos turísticos paquetizables e vinculados á gastronomía nos Fogóns do Anllóns

O luns 18 de novembro celebrarase a terceira sesión do programa formativo para a Creación de Produtos Turísticos Paquetizables e vinculados á Gastronomía dos Fogóns do Anllóns, destinado a empresas do sector dos 5 concellos asociados a este Plan de sustentabilidade turística en Destino da Deputación da Coruña.

Esta terceira xornada celebrarase online, e estará impartida polo CEO de Solucións Turísticas, Alberto Galloso, que abordará a aplicación de Boas prácticas para o desenvolvemento e creación de sinerxias entre o sector primario e a restauración.

O prazo de inscrición xa está aberto, e poderase realizar a través do seguinte enlace: https://shorturl.at/UgPpp.

O pasado luns 11 de novembro tivo lugar a segunda sesión, tamén en liña, a que foi impartida por Luismi Montoya e Alicia Mendive, do Agroturismo MariCruz en Navarra. Nela, un total de 21 participantes coñeceron de primeira man como Luismi e Alicia levaron a cabo o seu Agroturismo MariCruz, explicaron a definición e orixes do agroturismo en Europa, exemplos de éxito, a actividade e lexislación do agroturismo en Galicia e como se inspiraron e aprenderon a formar e impulsar o seu propio agroturismo, así como cousas a ter en conta á hora de desenvolver un.

A cuarta formación celebrarase o 25 de novembro na Casa do Pendón (Cabana de Bergantiños). Consistirá nun obradoiro de creación de experiencias turísticas impartido por Elena Soler, consultora sénior en Castro Tourism Advisors.