Estás en:Novas
BIBLIOCLIP, música dende a BPDC

“A felicidade golpeouna (acabáronse os días de cans)”

Tema: Gutenberg e a imprenta
Canción: "Dog Days Are Over", Florence + The Machine
Imaxe: Biblia Sacra Mazarinaea, 1456, facsímile (sinatura RA/16/1-3)
...Happiness hit her (the dog days are over)...

“A felicidade golpeouna (acabáronse os días de cans)”

Grandes momentos da Historia.

Johannes Gutenberg, ourive alemán, faleceu en Maguncia o 3 de febreiro de 1468. Gutenberg pasará á Historia como o inventor da imprenta.

Non se sabe moito da súa vida. Naceu en Maguncia, ao redor do ano 1400, nunha familia acomodada. O seu pai era ourive e director da Casa da Moeda. Gutenberg aprendeu este oficio, ao que se dedicou, tamén á talla de xemas e á fabricación de espellos.

Foi un home emprendedor, interesado por mellorar os métodos de produción artesanais. A mediados da década de 1440 comezou a traballar en Maguncia nun proxecto secreto. Tras anos de experimentación, foi incorporando melloras aos procesos e ás técnicas de fundición e de gravado. Unha delas foi a creación do tipo móbil metálico, feito que marcará o nacemento da imprenta, cara ao ano 1450.

"Tipo móbil" é o nome que recibe unha peza coa forma dunha letra que se pode mover e combinar para formar palabras. É un dos elementos que compoñen a imprenta. Os chineses e coreanos xa desenvolveran séculos antes sistemas similares ao ideado por Gutenberg, con tipos móbiles realizados en cerámica e bronce. Estes eran máis resistentes que os elaborados en madeira, pero tamén se desgastaban co uso. O gran logro de Gutenberg foi obter o molde e a aliaxe metálica óptima dos tipos móbiles, para conseguir unha maior durabilidade e precisión. Ademais, adaptou a prensa de viño ao proceso de impresión, para poder aplicar unha presión uniforme sobre os tipos móbiles e o papel, o que permitiu realizar impresións moi nítidas e consistentes. Tamén, modificou a composición das tintas tradicionais, empregadas en manuscritos e xilografías. Esta tintas non eran adecuadas para a impresión con tipos metálicos, non se adherían correctamente e corríanse sobre o papel ou pergamiño. Elaborou unha tinta con base de aceite, máis intensa, espesa e con mellor adherencia, que garantía unha impresión máis clara e duradeira.

A primeira obra que saíu do seu taller foi unha Biblia en latín: a "Biblia das 42 liñas". Recibiu este nome polo número de liñas impresas en cada unha das dúas columnas das que estaba composta cada páxina. Tamén é coñecida como a "Biblia de Gutenberg", a "Biblia de Marazino" ou a "Biblia Mazarina".

Gutenberg quería facer un libro da calidade dos manuscritos da época, así que imitou o seu tipo de letra, a composición das súas páxinas... Deste xeito, deseñou os tipos móbiles baseándose na letra gótica dos manuscritos medievais e a algunhas páxinas engadíronselle, logo de impresas, ilustracións e decoracións á man. Como resultado, a "Biblia das 42 liñas" destaca pola súa coidada composición, cun texto disposto de maneira harmónica e cunha lograda xustificación ás marxes. A pesar de todos os avances técnicos e melloras levados a cabo no proceso de produción, levou uns tres anos imprimila, cunha tiraxe duns 200 exemplares, unha parte dela en papel e outra en pergameo.

A repercusión da obra no seu tempo foi dispar. A súa calidade e a rapidez na súa produción foi valorada positivamente polos eruditos da época, pero o feito de ofrecer a posibilidade de crear un libro a persoas alleas ao círculo tradicional do saber tamén levantou a desconfianza. Así e todo, este impreso tivo un importante efecto na divulgación das ideas de Martín Lutero e, con iso, da Reforma protestante.

Na época de Gutenberg existían libros luxosos, coidados, ilustrados e custosos, ao alcance dunha minoría, acomodada e alfabetizada. O seu invento non só transformará o sistema de difusión do libro, senón o do propio coñecemento, marcando o final do Medievo en Europa.

Un invento para un novo mundo.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=iWOyfLBYtuU

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/456WNXWhDwYOSf5SpTuqxd

Recomendacións lectoras
Papel:
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=49089&A6=5001106830004&A7=0 [Typographica: la historia del arte de imprimir]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=49089&A6=5001132050007&A7=0 [Cómo diseñar un tipo: Design Museum]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dcagao.exe?W1=5&W2=49775&A6=5001080330006&A7=0 [Es mi tipo]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=49089&A6=50009305900024&A7=0 [Creación, diseño y producción de libros]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=49089&A6=50009244600031&A7=0 [Impresores, editores, correctores y cajistas: siglo XV]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=49725&A6=5000705000001&A7=0 [De Gutenberg a internet: una historia social de los medios de comunicación]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dcagao.exe?W1=5&W2=49804&A6=1000214140001&A7=0 [¿De dónde ha salido esto?: los inventos que cambiaron la historia]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dcagao.exe?W1=5&W2=49811&A6=1000211720003&A7=0 [El libro de los inventos: ideas geniales que han cambiado el mundo]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dcagao.exe?W1=5&W2=49802&A6=1000143140001&A7=0 [Os Bolechas queren saber: como se fai un libro]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-manuscrito-de-niebla-00144212
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-hija-de-las-mareas-00116231
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-mercader-de-libros-00059491
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-biblia-perdida-00040131
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-taller-de-libros-prohibidos-00037925

Audiolibro:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/opus-nigrum-00353065