Estás en:Novas
Formación dixital para concellos

Taller de formación dixital no Concello de Vimianzo

O vindeiro 28 de maio na Aula CEMIT do Concello de  Vimianzo as 18:00  impartirase o taller de manexo da plataforma eBiblioDaCoruna

Taller de formación dixital no Concello de Vimianzo

No taller aprenderase a usar a plataforma gratuíta de préstamo dixital coa que se poden ler e prestar libros, películas, audiolibros, prensa, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas. O taller terá unha duración de dúas horas e nel veremos:

  • como usar a plataforma en ordenadores.
  • a aplicación para móbiles e tablets tanto ios como android.
  • como descargar contidos.
  • a política de préstamos, etc.

Data: 28 de maio 2025

Horario: de 18:00 a 20:00

Lugar: Aula CEMIT do Concello de Vimianzo.