Estás en:Novas

Persoal de entidades ambientais son formadas pola Deputación da Coruña nas técnicas de seguimento e censo de fauna silvestre

A Sección de Medio Ambiente da Deputación organiza o curso, Técnicas de seguimento de fauna silvestre, ao que asistiron 40 alumnos e alumnas.

Mistura teoría na aula cunha saída pola contorna do Río Mandeo onde se aplicarán as técnicas aprendidas.

Persoal de entidades ambientais son formadas pola Deputación da Coruña nas técnicas de seguimento e censo de fauna silvestre

No actual contexto de cambio climático que está afectando de forma moi significativa á fauna silvestre, a Deputación da Coruña deseñou o curso, Técnicas de seguimento de fauna silvestre, coa finalidade de capacitar ao persoal que traballa, ou colabora, nas entidades ambientais da provincia, nas técnicas de seguimento e censo de fauna silvestre.

Na primeira xornada, impartida o sábado, 8 de novembro nunha aula de Afundación na Coruña, o alumnado aprendeu diversos sistemas invasivos e non invasivos de seguimento de fauna.

Xosé Pardavila de Sorex

O sábado, 15 de novembro, darase información detallada do uso de aplicacións móbiles para a toma de datos e no uso dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX). Aplicando as últimas tecnoloxías existentes ao campo da ecoloxía e do coidado da natureza.

Por último, o sábado, 22 de novembro, os/as participantes no curso realizarán unha saída ao campo, na contorna do Rio Mandeo, onde porán en práctica técnicas avanzadas de rastrexo e observación.

Este curso especializado está sendo impartido pola empresa Sorex Ecoloxía e Medio Ambiente, entidade punteira en Galicia nas investigacións sobre fauna silvestre e nos inventarios de fauna e vexetación para estudos de impacto ambiental.

Alumnado do curso

Este curso forma parte doutras moitas actividades que a Deputación da Coruña está a realizar para protexer o medio natural e concienciar sobre a importancia da súa conservación.

Fotografías realizadas por Lucía Fernández Ramón, periodista.

Foto do grupo