Estás en:Novas

Presentación da 42 Semana Micolóxica Galega que se celebrará na Coruña do 15 ao 23 de novembro

A Deputada Provincial de Medio Ambiente, Rosa Ana García, participou na presentación, xunto a membros da Asociación Micolóxica Coruñesa, Federación Galega de Micoloxía e Concello da Coruña

O Centro Cívico da Cidade Vella e o Mercado de San Agustín sedes dos actos na cidade.

Presentación da 42 Semana Micolóxica Galega que se celebrará na Coruña do 15 ao 23 de novembro

A cidade da Coruña convertirase esta semana no punto de referencia do mundo dos fungos e os cogomelos coa celebración da 42 Semana Micolóxica Galega, que este ano organiza a Asociación Micolóxica Coruñesa e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Na presentación, realizada esta mañá no Mercado de San Agustín, participou Rosa Ana García, Deputada de Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Fernando Ramos, Presidente da Asociación Micolóxica Coruñesa, José María "Chemi" Traba Velay, Presidente da Federación Micolóxica Galega e Diana Sobral, Concelleira do Concello da Coruña. Á mesma asistiron varios medios de comunicación así como público interesado no mundo dos cogomelos.

Rosa Ana e Presidente da Federación Micolóxica Galega

Os actos comezarán o sábado, 15 de novembro, cunha excursión por diversos ecosistemas da zona de Miño no que se poderá aprender sobre a variedade de cogomelos que existen nos hábitats costeiros e forestais.

O luns, 17 de novembro, inaugurase o ciclo de conferencias no Centro Cívico da Cidade Vella coa charla "Introdución á micoloxía" a cargo do Presidente da AMC Fernando Ramos. En días sucesivos haberá diversos relatorios impartidos por expertos nacionais e estranxeiros.

Rosa Ana García

De xeito paralelo, ao longo da semana, haberá diversas actividades no Mercado de San Agustín como unha grande exposición de cogomelos silvestres, obradoiros de cultivo, actividades para nenos, actuacións musicais, showcookings...

Dende a Deputación anímamos a toda a veciñanza da cidade a asistir, e participar, nesta grande festa que convertirá a Coruña no grande centro da micoloxía galega.

Máis información sobre as diferentes actividades da 42 Semana Micolóxica Galega nas redes sociais da Asociación Micolóxica Coruñesa.

Fotografías: Lucía Fernández Ramón, periodista.

Rosa Ana García e Mónica