Estás en:Novas

A Deputación un investimento de medio millón de euros para mellorar a estrada DP-3403 entre Dumbría e Muxía

O pleno aprobou hoxe, por unanimidade, unha obra que afectará a un treito de 3,7 quilómetros entre a AC-552 e Vilarmide

A Deputación un investimento de medio millón de euros para mellorar a estrada DP-3403 entre Dumbría e Muxía

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade o proxecto de mellora da capa de rodaxe na estrada provincial DP-3403, no tramo que vai dende a AC-552 ata Vilarmide por Senande, abranguendo dende o punto quilométrico 0+000 ao 3+700. Esta actuación, que discorre polos termos municipais de Dumbría e Muxía, contara cun investimento total de 492.627,64 euros.

A intervención ten como obxectivo principal reforzar a seguridade viaria e mellorar a comodidade e o tránsito dos usuarios que circulan por esta vía. Para iso, proxéctase o estendido dunha nova capa de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor en todo o ancho da plataforma da estrada, xunto co fresado e a reposición do pavimento en todas aquelas zonas que presenten blandóns.

De xeito previo ás tarefas de pavimentación, executaranse traballos de preparación da vía que inclúen o desbroce das marxes, a limpeza das beirarrúas e beiras, e a apertura e perfilado das cunetas para garantir a correcta drenaxe da auga da chuvia.

O proxecto completa as súas actuacións coa renovación e reposición da sinalización horizontal, pintando de novo os eixes, bordos e inscricións, ademais da adecuación e actualización dos elementos de sinalización vertical, balizamento e defensas de seguridade.

Unha vez asignadas as obras e asinado o acta de comprobación do replanteo, a empresa adxudicataria disporá dun prazo de execución de cinco meses para a finalización dos traballos.