Patrimonio
As visitas ao Patrimonio Provincial se axustarán ao establecido no DECRETO 5/2021, do 19 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria.
A entrada aos recintos deberá realizarse con mascarilla que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
Deberán gardarse todas as medidas covid vixentes no momento de asistencia: normas de distanciamento, respectar o aforo máximo indicado para cada recinto, empregar o xel hidroalcohólico que estará a súa disposición, ...
Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto.

Biblioteca Provincial
No casco urbano do concello de A Coruña. Trátase dun edificio de estilo neoclásico, obra do primeiro arquitecto provincial, Faustino Domínguez Domínguez, que recibiu o encargo para o “Palacio da Diputación”, continuando a ala construida no 1850, e pechando así o perímetro do teatro Principal - actual Rosalía de Castro - por tres dos seus lados.
Pazo de Mariñán
O Pazo e os seus xardíns son conxunto histórico-artístico e monumental por Real Decreto do 5 de outubro de 1972. Na actualidade ten tres usos: actos institucionais, centro de cursos e museo do propio Pazo.
Torres de Altamira
No concello de Brión (San Fiz). Construído no século IX sobre o que foi un castro celta, foi derrubado no século XIV polos Irmandiños e volto a construír en 1741. Tiña seis torres e unha muralla rodeando un suntuoso pazo, coa capela dos Reis Magos, onde eran soterrados os seus señores en magníficos panteóns.Dolmen de Dombate
Visitas guiadas ó dolmen de Dombate, monumento megalítico no que existen dous túmulos superpostos: Un túmulo recente de 24 metros de diámetro e 1,8 metros de altura que presenta unha cámara poligonal longa, de sete ortostatos, aberta ó exterior a través dun corredor de tres treitos, orientado ó leste, ben diferenciado tanto en planta como en alzada.
Dolmen de Cabaleiros
Información para visitar o dolmen en Tordoia. Está situado dentro dun peche de cachotería. Conserva restos da mámoa que aparece cuberta de herba, e nos arredores pódense ver piñeiros de gran tamaño.Torres do allo
Información sobre un dos pazos mais antigos de Galicia. O edificio está situado nun terreo, no que hoxe en día existe unha explotación de maceiras. O exterior está rodeado de prados e piñeiros. Chégase por unha estrada de falsos plátanos e carballos ata unha praza na que se atopa o portal de entrada ó recinto amurallado. Está composto por dúas torres de tres alturas unidas polo núcleo do edificio de só dúas plantas.
Centro de interpretación da natureza (Coirós)
Teléfonos de atención a visitantes, horarios de visita e outras informacións
Centro etnográfico de Teixeiro (Curtis)
Información, teléfonos e horarios de visita ó Centro
Castelo de Vimianzo
Información relacionada co castelo e as mostras de diferentes actividades. Esta fortaleza medieval, situada ó pé da estrada da Coruña a Fisterra, ten forma poligonal irregular con catro torreóns orientados ós catro ventos. A torre, situada ó leste, ten unha pequena porta de acceso a nivel do patio pola que se baixa ó soto do torreón; é a de maiores dimensións e conserva a cantería máis antiga.
Batáns do mosquetín
Información para visitar os batáns no concello de Vimianzo
Eco-museo Forno do forte
Información sobre o museo situado en Malpica de Bergantiños que expón ao público a tecnoloxía e o xeito de vida tradicional dos oleiros (alfareiros) de Buño.Mosteiro de Caaveiro (A Capela)
O Parque Natural das Fragas do Eume e a Deputación da Coruña poñen a disposición dos visitantes un transporte gratuíto entre o Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural e o acceso ao Mosteiro de Caaveiro. Horario de visitas e de autobuses.
Dolmen de Axeitos
Información útil para visitar o dolmen de Axeitos, en Ribeira. O monumento megalítico denominado “Dolmen de Axeitos” entraría de cheo dentro do tipo de xacementos denominados cámaras poligonais con corredor intratumular.Teatro Colón
Información do teatro, da historia, proxecto e execución
Catálogo de Patrimonio Artístico da Deputación de A Coruña
Fai vinte anos presentamos o primeiro catálogo do patrimonio artístico da Deputación da Coruña, no que se compilaban 477 obras de arte, pinturas e esculturas propiedade desta institución, que conformaban un importante legado cultural, en constante crecemento durante máis de cento cincuenta anos.
Casa Wenceslao Fernández Flórez
Esta edificación responde al racionalismo propio de la época (finales de los años 40). Obra del arquitecto Antonio Tenreiro. Arquitectura perfectamente conjuntada y respetuosa con el entorno en el que se ubica la Fraga de Cecebre. Información para o visitante