Mosteiro de Caaveiro (A Capela)
O Mosteiro
Situado nun montículo rocoso entre os ríos Eume e Sesín, na fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións ó longo da súa historia. As súas orixes remóntanse ó seculo X en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar. A historia de Caaveiro vencéllase a S. Rosendo e pertencéu á orde de S. Bieito e posteriormente foi
mosteiro de coengos regulares de S. Agustín.
Trátase dun conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas: Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario, etc.
A Deputación da Coruña e os Concellos onde se sitúan as Fragas do Eume e o Parque Natural están a realizar diversas actuacións para a posta en valor deste Parque Natural, onde se atopa situado o Mosteiro de Caaveiro. Neste sentido, a Deputación, en colaboración cos Concellos e a Xunta de Galicia (Servizo de Conservación da Natureza), quere facilitar o acceso ás Fragas e ao Mosteiro e ofrecer diversas alternativas ao visitante, ademais da entrada a través do portal do Parque Natural por Pontedeume, especialmente a aqueles visitantes que realizan pequenas rutas de sendeirismo polo interior do Parque Natural. Estas rutas tamén poñen en valor o Portal da Capela (construído e financiado con fondos da Deputación Provincial), xa que este acceso ofrece unhas posibilidades turísticas magníficas e potencia unha zona de grandes valores paisaxísticos e ambientais de carácter natural e etnográfico.
A rehabilitación do Mosteiro de Caaveiro recibiu o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico na categoría de espazos exteriores
Horario de visitas
O acceso terá lugar no horario de 09:00 a 21:15 horas
Servizo de autobuses entre o 26 de xuño e o 31 de agosto de 2025
Número de Viaxe | Saída do Centro Interpretación | Saída do Mosteiro de Caaveiro |
1 | 10:30 | 11:00 |
2 | 11:30 | 12:00 |
3 | 12:30 | 13:00 |
4 | 13:30 | 14:00 |
5 | 15:00 | 15:30 |
6 | 16:00 | 16:30 |
7 | 17:00 | 17:30 |
8 | 18:00 | 18:30 |
9 | 19:00 | 19:30 |
10 | 20:00 (sen viaxeiros) | 20:30 (última volta) |