XEPDAC
As reservas para as actividades das XEPDAC son gratuitas e habilitaranse a partir do xoves 26 de setembro ás 17h
Rutas, redes e conexións
As Xornadas Europeas do Patrimonio é un programa cultural referente no continente. O Consello de Europa lanzou a iniciativa en 1985 e, en 1999, xuntouse a Unión Europea para crear unha acción conxunta.
O tema escollido para este ano é "Rutas, redes e conexións". O patrimonio, tanto nas súas formas tanxibles como intanxibles, pode contar moito sobre a forma como os pobos, as comunidades, os países e as culturas están ligados hai moito tempo, e como continúan a estar, a través de valores comúns, prácticas compartidas e un desexo de protexer e compartir as historias e os lugares que constitúen as nosas historias individuais e colectivas.
Nas XEPDAC enfocamos as "Rutas, redes e conexións" na rede de patrimonio da Deputación da Coruña e os proxectos de Parques Arqueolóxicos, que vertebrarán unha programación que durante toda a semana se distribuirá xeograficamente pola provincia.