Currículos

Susaina Figuera de Prado

sfiguera@fundaciorecerca.cat

figuera.jpgDirectora de Proxectos de Innovación de la Fundació Catalana per a la Recerca i la Innovació (FCRI)

Impulso y dirijo proyectos de Innovación colaborativa, promoviendo alianzas estables y colaborando con los sectores público, científico, empresarial y profesional. En la sección de Innovación trabajamos para mejorar el sistema catalán de I+D+i detectando carencias y proponiendo iniciativas, y realizando proyectos en equidad de género, participación y datos abiertos. Nuestros principales proyectos están enfocados a fomentar la colaboración industria-academia como motor de la Innovación, promoviendo la transferencia de conocimiento hacia el tejido empresarial. Desde el programa Dones&Ciència (Mujeres&Ciencia), y en particular con #100tífiques, incorporamos a los proyectos la perspectiva de género, para hacer visible y destacar la relevancia actual del papel estratégico de las mujeres en la ciencia y la tecnología.

Mireia Colom Brossa

mcolom@fundaciorecerca.cat

colom.jpgTécnica de Innovación de la Fundació Catalana per a la Recerca i la Innovació (FCRI)

Dinamizo los programas del área de Innovación y Dones&Ciència (Mujeres&Ciencia) de la FCRI, organizando actividades y campañas que fomentan la innovación colaborativa dentro del ecosistema de investigación. Anteriormente colaboradora de la sección de Vocaciones Científicas de la FCRI, participando en el desarrollo de programas para el fomento de las vocaciones científico-técnicas entre el alumnado y para la educación STEM.

Maite Vence

Mail: director@observersciencetourism.com

vence.jpgEstudei Economía na Universidade de Santiago. Especialiceime en Desenvolvemento económico en Innovación, e tamén en Comunicación dixital.

Son fundadora e directora de OBSERVER® ScienceTourism a primeira certificación en Turismo Científico a nivel internacional baseada na promoción, xestión e planificación de destinos turísticos vinculados á ciencia: (www.observersciencetourism.com)

Tamén son xornalista científica. Escribo para diversos medios de comunicación galegos e nacionais, como GCiencia, QUO, e outros xornais. Puxen en marcha a sección de Turismo Científico do portal GCiencia: Destinos de Ciencia, da que fun coordinadora e redactora.

Son editora e redactora de Guías de Viaxe de Turismo Científico

Tamén traballo en temas de emprendemento, sendo socia e membro da directiva de Startup Galicia, e mentora de empresas en TurisLab Galicia, a primeira aceleradora pública de turismo de Galicia. Fun co-promotora de Emprendedores Anónimos un evento periódico, desenvolvido en bares, no que varios emprendedores falaban sobre a súa experiencia empresarial desde unha óptica distendida e humorística.

Traballei durante anos na Universidade de Santiago en temas de transferencia de tecnoloxía e emprendemento universitario.

Fun co-directora de Base Tecnolóxica (2012), programa da TVG Televisión de Galicia adicado á divulgación científica de grupos de investigación e centros tecnolóxicos galegos.

Máis tarde fundei con outros socios a spin off da Universidade de Santiago de Compostela, FAZ Cultura e Desenvolvemento, moi orientada á creación de proxectos no ámbito lusófono. Con FAZ participei en proxectos internacionais en Brasil, Cabo Verde e Italia e escrito artigos de opinión de corte socio-económico para diversos medios de comunicación nacional e brasileiros.

Finalmente, mediante investigacións en temas de cultura e turismo no grupo de Investigación ICEDE da Facultade de Economía da USC, desenvolvín a metodoloxía da certificación Observer, que deu lugar ao meu propio proxecto empresarial, que é no que traballo actualmente.

Paula Otero Sánchez

paulaotero.sanchez@usc.es

otero.jpgPaula Otero é Graduada en Ciencias Biomédicas e actualmente traballa coma investigadora predoutoral no grupo Genomes and Disease do CiMUS, Universidade de Santiago de Compostela. Neste momento desfruta dun contrato de Formación de Profesorado Universitario (FPU) para realizar un proxecto de investigación baseado en analizar os mecanismos que empregan os virus para causar cancro en humanos. Ademáis, Paula participa en dous proxectos de divulgación científica: 'Ciencia e tal' unha iniciativa na plataforma Twitch que realiza xunto co seu compañeiro Iván Varela; e 'CiMUS Podcast', un programa de entrevistas a investigadores do centro no que, cando é posible, tamén colaboran asociacións de pacientes.

Isa Loureiro

www.isaloureiro.com

hello@isaloureiro.com

loureiro.jpgLicenciada en deseño pola Universidade de Aveiro, Portugal, o seu camiño profesional orientouse cara o deseño gráfico en Barcelona onde estivo traballando durante máis de 10 anos en diversas axencias. Inquieta e sempre intentando incluír a ilustracións en moitos dos seus proxectos decidiu refinar as súas habilidades realizando con varios cursos especializados. Foi nese momento onde descubriu e se enamorou da ilustración científica. Hoxe en día colabora como ilustradora científica médica na axencia Homograma e como ilustradora e directora creativa independente. Crea ilustracións científicas e de divulgación dirixidas a pequenos e adultos por igual, un exemplo é o libro infantil/ xuvenil “ El cerebro humano explicado por el Dr. Santiago Ramón y Cajal”, escrito por el Dr. Pablo Barrecheguren, de la editorial Juventud. En 2021 recibiu o premio Junceda na categoría de ilustración científica coa ilustración “Aneurisma Cerebral”. Isabel Loureiro sempre está lista para involucrarse en proxectos que poñan a proba a súa imaxinación e a súa man.

Vanessa Valdiglesias

valdiglesias.jpgVanessa Valdiglesias es una Investigadora Distinguida del Programa Beatriz Galindo en la Universidade da Coruña con varios años de experiencia en el campo de la Toxicología Genética. Finalizó su Doctorado en Biología, con Premio Extraordinario por la Universidad de A Coruña, en 2010 investigando los efectos citogenéticos y moleculares de la toxina marina, el ácido ocadaico, en diferentes líneas celulares humanas. Completó su formación en Epidemiología Molecular y Nanotoxicología con estancias en diferentes centros internacionales entre los que se incluyen la Universidad de Bradford (Reino Unido), el Instituto Nacional de Investigación en Toxicología (India), el Instituto Científico de Hospitalización y Asistencia (Italia) y el Instituto de Salud Pública de la Universidad de Porto (Portugal).

Es autora o coautora de ochenta publicaciones científicas, dos libros y varios capítulos de libro, y ha participado en más de una centena de congresos y reuniones internacionales, incluyendo varias conferencias como ponente invitada. Además, a lo largo de su carrera ha recibido distintos premios y galardones por su trayectoria científica entre los que destacan el Premio de la Real Academia Gallega de Ciencias al Joven Investigador menor de 28 años (2007), el Premio al Mejor Investigador Joven de Europa en el campo de la Genómica y Mutagénesis Ambiental (2015), el Premio Gallega Destacada (2016) y el premio Europeo Investigador Emergente en el Campo del Envejecimiento (2019), además de los premios a trabajos de investigación Dolores Trigo (2013 y 2021), Real Academia Gallega de Ciencias (2015) y Real Academia de Medicina de Valladolid (2020).

Elena Lendoiro

lendoiro.jpgElena Lendoiro é Investigadora Posdoutoral da Universidade de Santiago de Compostela cun contrato financiado pola Xunta de Galicia (modalidade B). Licenciada en Farmacia no 2008 e Doutora dende 2016, ambas pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa tese doutoral foi realizada no ámbito da Toxicoloxía Forense e estudou o pelo como matriz biolóxica alternativa e o seu uso na determinación de drogas ilícitas e fármacos. Por este traballo obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estancias de investigación no National Institute on Drug Abuse (NIDA), National Institutes of Health (NIH), Baltimore (USA) e na School of Pharmacy and Life Sciences, The Robert Gordon University (RGU), Aberdeen (UK).

Conta con ampla experiencia como perito de casos forenses e clínicos, e ademais, é autora ou coautora de 38 publicacións científicas, dous capítulos de libro e participou en máis dunha centena de congresos nacionais e internacionais. Así mesmo, é membro do Young Scientific Committee da asociación The International Association of Forensic Toxicologists (TIAFT) e foi membro de varios grupos de traballo da asociación Society of Hair Testing (SoHT). Foi fundadora de InvestiGal-Rede Galega pola Investigación e actualmente é a súa presidenta.

Zulema Varela

varela.jpgZulema Varela é una Investigadora Posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela (USC) cun contrato financiado pola Xunta de Galicia que traballa na biomonitorización da contaminación ambiental. Finalizou a tese en Bioloxía, con Premio Extraordinario pola USC, no ano 2014 investigando a contaminación atmosférica con musgos terrestres. Completou a súa formación en Ecotoxicoloxía Ambiental con estancias na Universidade de Trieste (Italia), Universidade de Concepción (Chile) e na Universidade de Lisboa (Portugal). É autora ou coautora de 23 publicacións científicas, e participou en máis dunha centena de congresos nacionais e internacionais. É unha das fundadoras de InvestiGal (Rede Galega pola Investigación) na que colabora no Grupo de Traballo de Igualdade en prol dunha igualdade real no mundo da investigación, e no Divulgación dando a coñecer o traballo dos investigadores e investigadoras en Galicia.