Estás en:Patrimonio Dolmen de Axeitos

Dolmen de Axeitos

O monumento megalítico denominado “Dolmen de Axeitos” entraría de cheo dentro do tipo de xacementos denominados cámaras poligonais con corredor intratumular.

Aínda que Axeitos non foi, polo momento, obxecto de excavacións arqueolóxicas, os resultados obtidos noutros xacementos de características moi semellantes, como Dombate (Cabana de Bergantiños) ou Forno dos Mouros (Toques), permiten reconstruír, aínda que de xeito provisional e achegado, o seu rexistro arqueográfico.

De modo sucinto, o monumento megalítico de Axeitos está constituído por un túmulo de preto de 30 m de diámetro (actualmente moi desfigurado), seguramente recuberto por unha coiraza pétrea, que acolle no seu interior unha complexa estructura arquitectónica conformada por cámara poligonal e, según tódolos indicios, corredor intratumular orientado ó SE e diferenciado en planta e altura. Cabe supoñer a máis que probable existencia nesa mesma zona dun sistema de acceso tipo adro.

Valor patrimonial

Este monumento representa un dos exemplos mellor conservados do megalitismo galego e destaca pola súa monumentalidade, pola forma arquitectónica da cámara e corredor, e pola orientación característica. A súa localización nun entorno natural privilexiado na península de Barbanza reforza o interese científico, didáctico e turístico do lugar.

Horario de visita

Visitas libres: todos os días da semana.
A entrada gratuíta.
Recoméndase seguir as sinalizacións e respectar o entorno, xa que non sempre hai persoal de atención ao público permanente.

Información de contacto

Teléfonos: 686 587 000 / 981 873 007

Correo: turismo@ribeira.gal.

Coa colaboración do Concello de Ribeira.