Estás en:Patrimonio Torres do allo

Torres do allo

As Torres do Allo, situadas no concello de Zas, son un dos conxuntos máis representativos da arquitectura civil galega do século XV e un dos primeiros exemplos do Renacemento en Galicia.


O edificio está asentado nun amplo terreo rodeado de prados e maceiras, cunha paisaxe dominada por piñeiros e carballos. O acceso realízase por unha estrada flanqueada por falsos plátanos e carballos, que conduce ata unha praza na que se atopa o portal principal do recinto amurallado.


O conxunto arquitectónico está formado por dúas torres de tres alturas, unidas por un corpo central de dúas plantas. Destacan os escudos heráldicos labrados en granito e a calidade da cantería, perfectamente traballada. No seu interior atópanse exposicións permanentes e temporais sobre historia, natureza e patrimonio, que permiten coñecer a evolución da comarca de Soneira e a vida dos antigos señores do pazo.

Valor patrimonial

As Torres do Allo foron declaradas Ben de Interese Cultural (BIC) e constitúen un exemplo singular de transición entre a arquitectura defensiva medieval e a residencial renacentista. O conxunto conserva ademais un importante valor etnográfico e paisaxístico, sendo hoxe un espazo musealizado e de interpretación do patrimonio.

Horarios de visita

Entrada libre e de balde.
(O acceso restrínxese 15 minutos antes do peche).


Temporada alta (15 de xuño a 15 de setembro):
De luns a venres, de 11:00 a 20:00 h.
Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 21:00 h.


Temporada baixa (16 de setembro a 14 de xuño):
Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00 h.


Pechado: do 1 ao 6 de xaneiro e os días 24, 25 e 31 de decembro.

Visitas guiadas:
Realízanse dúas visitas guiadas ao día, ás 13:00 h e ás 17:00 h, para todos os públicos.
Tamén se ofrece a posibilidade de concertar visitas de grupo fóra do horario regular, mediante reserva previa.

Información de contacto

Teléfono de atención a visitantes: 655 716 743
Web oficial: www.torresdoallo.gal
Web institucional: www.concellodezas.org
Coa colaboración do Concello de Zas.