Estás en:Patrimonio XEPDAC

XEPDAC


As reservas para as actividades das XEPDAC son gratuitas e habilitaranse a partir do luns 22 de setembro ás 12h

Formulario de reservas

Rutas, redes e conexións

XEPDAC 2025.jpgAs Xornadas Europeas do Patrimonio é un programa cultural referente no continente. O
Consello de Europa lanzou a iniciativa en 1985 e, en 1999, xuntouse a Unión Europea para crear unha acción conxunta.

O tema escollido para este ano é "Patrimonio Arquitectónico: fiestras ao pasado, portas ao futuro". Este punto de vista permítenos salientar o valor do noso patrimonio arquitectónico como legado histórico e motor de futuro. Cada edificación é unha fiestra que nos asoma ao pasado, conectándonos coas xeracións que as concibiu, revelando as súas vidas, coñecementos e aspiracións. Esta conexión afonda na nosa identidade colectiva.

Ademais, o patrimonio arquitectónico constitúe unha porta aberta cara ao futuro. A súa conservación é fundamental para garantir a transmisión de saberes e historias, inspirando os desafíos actuais e vindeiros. Ao protexer e promover a nosa arquitectura, salvagardamos a memoria e sentamos as bases para un desenvolvemento sostible.

Explorando estas "fiestras e portas", descubrimos tamén a riqueza e a relevancia da arquitectura coruñesa na construción da nosa identidade e proxectándoa cara ás xeracións futuras.