Estás en:Promoción Económica

Promoción Económica

Redes_Economía.jpgA área de Promoción Económica da Deputación da Coruña lanza as súas liñas de axudas para apoiar ás entidades sen ánimo de lucro, co obxectivo de impulsar o seu crecemento. Os integrantes deste tipo de organizacións levan a cabo unha actividade desinteresada en favor dun ben común, como son as asociacións de veciños, as de mulleres rurais, os colexios profesionais, as cámaras de comercio...

A Deputación, como administración, debe fomentar este tipo de unións e darlles un pulo para que poidan continuar coa súa evolución a todos os niveis. Por iso deseñou dous programas de subvencións, referidos a investimentos e ao desenvolvemento de actividades.

Cun orzamento global de 850.000 euros o obxectivo destas axudas é impulsar o desenvolvemento económico das entidades sen ánimo de lucro dotándoas de medios que lles permitan fomentar o crecemento de diferentes sectores e do emprego na súa área de influencia. En definitiva, axudarlles a crecer e a cumprir os seus obxectivos para que, como consecuencia, se beneficien da súa actividade moitas persoas da provincia.

A Deputación está a realizar un importante esforzo inversor para lograr os obxectivos que se propuxo ao inicio deste mandato neste eido. Contribuír a manter a actividade e o funcionamento das entidades sen ánimo de lucro coruñesas significa axudar dun xeito significativo ás persoas que se implican desinteresadamente para levar a cabo unha tarefa común da que se beneficia o conxunto da sociedade.

 

Programas de subvencións a entidades sen ánimo de lucro da Provincia da Coruña

  • FOENIA/2019
  • ORZAMENTO 500.000 €
  • MÍNIMO 1.200 €
  • MÁXIMO 28.000 €

 

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de investimentos tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e á hostalaría por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos seguintes ámbitos.

Colexios profesionais e cámaras de comercio

  • Reforma e mellora de locais sociais.
  • Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
  • Creación de páxinas web e aplicacións móbiles

 

Asociacións de veciños e de mulleres rurais

  • Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito paroquial, municipal ou comarcal, tales como saneamento, abastecemento de augo, acondicionamento de camiños e iluminación pública.
  • Reforma e mellora de locais sociais.
  • Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
  • Creación de páxinas web, aplicacións móbiles e internet vía satélite no rural.

 

Asociacións de cazadores

  • Repoboacións cinexéticas e sinalización Tecor.

 

Entidades de natureza profesional, comercial e empresarial

  • Investimentos na hostalaría e no comercio, para adaptarse á normativa vixente na materia: adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamentos contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas, adquisición de equipamento tecnolóxico (TPV) para adaptación á regulación das obrigas de facturación.
  • FOENAA/2019
  • ORZAMENTO 350.000 €
  • MÍNIMO 1.200 €
  • MÁXIMO 28.000 €

 

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de actividades tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e á hostalaría, apoiando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado, mediante axudas á loxística e á distribución, por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos seguintes ámbitos

 

Colexios profesionais, asociacións profesionais e cámaras de comercio

  • Organización de congresos, exposicións, talleres, xornadas e seminarios relacionados coa promoción económica da provincia.
  • Cursos de formación

 


Entidades de natureza profesional, comercial e empresarial

  • Organización de congresos, exposicións, talleres, xornadas e seminarios relacionados coa promoción económica da provincia.
  • Festas de recoñecido interese turístico, feiras de artesanía, feiras de exaltación de produtos típicos da zona.
  • Actividades de promoción, difusión e animación do comercio local.
  • Cursos de formación

 

Asociacións de cazadores

  • Desbroces, sementeira, seguro e gardería Tecor.

 

Asociación de veciños e de mulleres rurais

  • Apoio ás liñas de comercialización e promoción dos produtos de calidade típicos da zona, para dalos a coñecer e permitir a penetración no mercado nacional e internacional, a través de festas de recoñecido interés turístico, feiras e festas de exaltación do produto típico, xornadas, campañas comerciais, publicidade e cursos de formación.