Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Campaña contra a violencia de xénero "Quen dixo medo?"

Campaña contra a violencia de xénero "Quen dixo medo?"

  • XUSTIFICACIÓN DA ESCOLLA DO LEMA E BREVE EXPLICACIÓN:

A violencia de xénero converteuse nos últimos anos nunha lacra social, que nos afecta a todos e todas por igual. Ante a situación actual, debemos pois reaccionar, primeiro recoñecendo que o problema existe e persiste, analizando os motivos que a causan e por último actuando contra ela, esa violencia endémica, enraizada na nosa sociedade como unha mala herba que compre desapareza para que floreza a vida, a igualdade, o respecto.

O medo non é unha opción; como individuos non podemos ter medo a denunciar a violencia, a actuar contra ela, a protexer ás vítimas que a sofren. O medo é un elemento coactor que nos impide apreciar obxectivamente os problemas que nos rodean, por iso compre superalo.

A violencia de xénero non é un problema exclusivo da muller, afecta ao conxunto da sociedade de forma horizontal e vertical;  na imaxe  destá presente a sociedade, coa súa pluralidade e diversidade. É unha composición polifacética, sobre a que destaca un rostro sen filtro de cor, vese tal e como é, sen medo.

Por último fuximos de conceptos explícitos, o que axuda a que os destinatarios e destinatarias indaguen na mensaxe, no que agocha o cartaz, que será unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero.

  • OBXECTIVOS DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN:
    • Sensibilizar á sociedade na prevención da violencia de xénero, axudando a coñecer as características e dimensións desta problemática social para a súa erradicación definitiva.
    •  Desmontar os mitos e estereotipos en torno á violencia para apostar pola responsabilidade social.
    • Visibilizar o fenómeno e informar sobre él para tomar conciencia e actuar.
    • Fomentar o cambio de crenzas e actitudes e implicar ao respecto da violencia contra as mulleres a toda a poboación.
    • Dotar a poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero e actuar  de xeito contundente ante ela.
  •  DURACIÓN DA CAMPAÑA: 2017 – 2018
  •  POBOACIÓN DESTINATARIA:
    • Preselección de Concellos, atendendo aos seguintes aspectos:
    • Concellos representativos de cada unha das comarcas.
    • Concellos menores de 20.000 habitantes
    • Concellos con diversificación económica segundo o seu PIB.
    • Equilibrio territorial evitando a concentración dunha área da provincia en concreto.

Comarca

Concellos

Ortegal

Cariño, Ortigueira

Ferrol

Cedeira, San Sadurniño, Fene

Eume

As Pontes, Pontedeume

Betanzos

Curtis, Betanzos, Miño

A Coruña

Cambre, Carral, Abegondo

Bergantiños

Malpica, Ponteceso

Ordes

Cerceda, Ordes

Arzúa

Arzúa, Touro

Terras de Melide

Melide, Toques

Soneira

Vimianzo, Zas

Fisterra

Cee, Muxía, Dumbría

Xallas

Santa Comba

A Barcala

Negreira, A Baña

Compostela

Brión, Teo, Val do Dubra

O Sar

Padrón

Muros - Noia

Carnota, Muros, Porto do Son, Noia

Barbanza

A Pobra, Boiro, Rianxo

 

Segmentos da poboación á que nos diriximos:

Infantil, xuvenil e adulto.

Estimación de público participante nas diferentes acción: 6.000 no bienio 2017-2018. Isto significa que agardamos acadar 3.000 persoas directas en cada ano.

  •  ACCIÓNS A DESENVOLVER DURANTE A CAMPAÑA:
    • Accións informativas a través de conferencias, charlas ou tertulias de radio.
    • Celebración de datas sinaladas a través de accións simbólicas.
    • Accións Formativas e coeducativas para idade escolar e a poboación en xeral.

Estas accións serán ofertadas aos concellos preseleccionados para a súa calendarización e organización; como exemplos de accións formativas podemos citar aos obradoiros sobre autodefensa, ou sobre o acoso a través das TIC  que por outro lado esta forma de acoso está cada vez máis presente na nosa sociedade a través de diferentes xeitos:

  • Ciberbullying.
  • Ciberviolencia de xénero:
  • Grooming:
  • Sexting
  • Sextorsión.

No caso das actividades formativas para a poboación en idade escolar, serán actividades dinámicas, lúdicas e de socialización, orientadas a adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. Ademáis a través da Coeducación aprenderán a respectar as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos.oación en idade escolar, serán actividades dinámicas, lúdicas e de socialización, orientadas a adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. Ademáis a través da Coeducación aprenderán a respectar as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos.

  • DIFUSIÓN