Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Campaña "De fronte a violencia de xénero".Conmemoración 25N "Día contra a violencia de xénero" 2023

Campaña "De fronte a violencia de xénero".Conmemoración 25N "Día contra a violencia de xénero" 2023

Bota a andar un ano máis a campaña DE FRONTE á violencia de xénero, impulsada dende a Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Durante o mes de novembro, póñese en marcha un programa de actividades que apela directamente á implicación dos Concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, etc.

Nesta edición poñemos o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno, tendo como público obxectivo principal a mocidade.

  • Acto institucional coa participación de Caamaño & Ameixeiras

Terá lugar o venres 24 de novembro ás 10:45 no Pazo Provincial da Coruña. As artistas lerán un texto propio e interpretarán dúas pezas do seu repertorio en formato acústico.

Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman Caamaño & Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e ao baile de raíz. Desde o seu nacemento, en 2018, este dúo conta cunha intensa traxectoria, tanto a nivel nacional como internacional. Tomando como punto de partida a tradición, o dúo consegue crear unha linguaxe propia e única, con composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia do popular incorporando recursos contemporáneos e situando a emoción en primeiro plano.

  • Realización de 14 obradoiros ao longo do mes de novembro

Os obradoiros abordarán conceptos chave arredor das violencias machistas en contextos de lecer e ocio nocturno dos que sairán varias micro pezas dixitais en formato stop motion que iremos colgando.

Arrancan o 9 de novembro e percorrerán varios concellos:

9 Novembro Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños
11 Novembro Colectivo @turbinaespacial de Boiro
13 Novembro IES Punta Candieira de Cedeira
14 Novembro IES Poeta Añón de Outes
15 Novembro A Pobra do Caramiñal
16 Novembro IES Puga Ramón e Rosalía Mera de A Coruña
17 Novembro IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas
21 Novembro CIPF Coroso de Ribeira
22 Novembro Arzúa
23 Novembro Corcubión
24 Novembro Ordes
27 Novembro Valdoviño

Os obradoiros están formulados en positivo e buscan cuestionar mensaxes e hábitos que alimentan que as violencias sexuais sigan a reproducirse, obradoiros nos que repensar o uso e gozo do lecer, da festa ou do consumo responsable para construírmos relacións igualitarias, en liberdade e con respecto.

Clic aquí para consultar as pezas audiovisuais.

  • Pílulas dixitais a pé de rúa

CEE2.png COMPOSTELA2.png

CORUÑA2.png  FERROL2.png


#RompeOSilencio consiste en crear breves vídeos divulgativos con testemuños de situacións reais de agresións sexuais no contexto de ocio nocturno ou festa. Compartirémolas na web unha vez rematadas.

Esta iniciativa busca "visibilizar as situacións de violencia, nun exercicio colectivo no que compartir experiencias de xeito seguro na propia rúa", recorrendo diferentes cidades do territorio galego.

#RompeOSilencio nace da necesidade de dar voz ás mulleres e visibilizar as súas experiencias no ámbito da violencia sexual, así como das consecuencias que sofren por mor da cultura da pornografía. O obxectivo é loitar contra o estigma das súas vivencias, normalmente condenadas ao silencio, nun exercicio práctico no que poidan compartilas con outras mulleres de maneira segura.

  • Recursos

A programación da campaña complétase coas actividades, guías e outros recursos dispoñibles para a súa consulta e que aumentan ano tras ano. Poñemos á disposición de familias e persoal educador material para traballar arredor da violencia de xénero.

Tamén está dispoñible para a súa descarga a imaxe gráfica da campaña en distintos formatos.

Para mais información consulta a campaña defronte.gal

Anuncios #RompeOSilencio