Estás en:Servizos Sociais Igualdade de xénero Proxectos Capacitación do persoal público para a implementación da instrución de transversalidade de xénero

Capacitación do persoal público para a implementación da instrución de transversalidade de xénero

O concepto de transversalidade de xénero emprégase como sinónimo de "mainstreaming" de xénero ou enfoque integrado de xénero, para referirse á responsabilidade de todos os poderes públicos no avance da igualdade efectiva entre mulleres e homes. A transversalidade de xénero é poñer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nun lugar central dentro da política pública, que supón un proceso de organización, mellora, desenvolvemento e avaliación dos procesos políticos, de modo que a perspectiva de xénero se incorpore en todas as políticas, a todos os niveis e en todas as etapas, creando as condicións necesarias que permitan dinamizar as políticas de igualdade.

A instrución de transversalidade da Deputación da Coruña (medida OE 1.1/1.1.9 do plan provincial de igualdade) está dirixida a todos os departamentos, centros e servizos co obxectivo de servir como unha ferramenta para facilitar a aplicación do principio de igualdade na xestión contribuíndo deste xeito a eliminar situacións de discriminación sobre as mulleres e as súas diversidades.

Para a implementación da transversalidade requírese da comprensión da dimensión xénero en tódolos ámbitos, polo que deséñase unha formación dirixida ao persoal dos diferentes centros de traballo co seguinte contido:

SESIÓN 1:
1.Que é a Instrución para a Transversalidade de xénero ?
2.Como a aplicamos? Recollida e análise de datos e estatísticas.
3.Como a aplicamos? Inclusión do principio de igualdade e o enfoque de xénero nas contratacións, subvencións e demais convocatorias publicas.
4.Como a aplicamos? Inclusión do principio de igualdade e o enfoque de xénero e interseccional no acceso e participación social

SESIÓN 2:
5.Como a aplicamos? Medir o impacto.
6.Como a aplicamos? Formación en igualdade, xénero e diversidade.
7.Como a aplicamos? Incorporación do principio de igualdade na xestión, acceso, provisión, promoción, retribución e prevención de riscos laborais.
8.Como a aplicamos? Prevención, detección e actuación fronte ás violencias machistas.

Neste apartado podedes consultar o contido traballado na formación, neste enlace.

Do traballo realizado polas mais de 120 persoas que acudiron á formación elaborouse un documento con recursos específicos por áreas de traballo para seguir profundizando na materia. Pódese consultar neste enlace de recursos e recomendacións.

imaxe-1.jpg