Estás en:Servizos Sociais Igualdade de xénero Proxectos Club de lectura dixital en igualdade e diversidade sexual

Club de lectura dixital en igualdade e diversidade sexual

Desde Igualdade en colaboración coa Biblioteca Provincial poñemos en marcha dous clubes de lecturas un de lecturas de igualdade e outro de diversidades sexuais que comenzan a súa andadura este mes de abril de 2025.

Estes clubs teñen como obxectivo xerar espazos seguros onde compartir reflexións sobre estas materias, achegandose ao conxunto da poboación da provincia, viva onde viva e teña a idade que teña.

WEB_A3_CARTEL-clube-lectura_Biblioteca-1.png

Club de lecturas en igualdade: Tinta e equidade

Tinta e equidade é un club dixital de lecturas en igualdade de xénero que ten o obxectivo específico de promover entre a poboación un pensamento crítico sobre as desigualdades de xénero e crear un espazo de encontro para fomentar o diálogo e a reflexión sobre a igualdade a través de libros e historias. Un lugar para compartir ideas, aprender e inspirar cambios positivos na sociedade. Está moderado por Maitane Vicente Mariño, Traballadora social e libreira social. 

Para mais información premer aqui

Club de lecturas de diversidade sexual: Páxinas de orgullo

Páxinas de orgullo é un club dixital especializado en lecturas LGTBiQ+ co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais. Está moderado por Nuria Vilán, Grao en estudos de Galego e Español.

Para mais información premer aqui

Pertencer ao club Tinta e equidade ou o club Páxinas de Orgullo non ten ningún custo, e está aberto a que podas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso:

  • Estar dado/a de alta na plataforma de préstamo dixital eBiblioDaCoruna. Date de alta, de balde, aquí
  • Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta...Se as cumpres, podes entrar no club  dende o teu dispositivo.
  • Identifícate coas túas claves da eBiblioDaCoruna no apartado "Iniciar sesión".