Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Decálogo dun Entroido en Igualdade

Decálogo dun Entroido en Igualdade

Desde Igualdade da Deputación da Coruña pon en marcha no marco do seu Plan de Igualdade unha campaña para promover unhas festas en igualdade, este proxecto comezou no Nadal de 2019 e continua esta vez incidindo na necesidade de concienciarnos por un Entroido en Igualdade.

O Entroido é tempo de festa, propicio o desenfreo, á diversión e a ledicia, mais NON TODO VALE. Descarta disfraces hipersexualizados ou que cousifiquen a muller, non partilles brincadeiras, imaxes ou comentarios
sexistas, coida a linguaxe que non xere discriminacións, promove a participación equilibrada e lembra denunciar as agresións NON é NON.

As festas son espazos públicos claves na socialización que están afectados polo patriarcado os roles e estereotipos de xénero e que polo tanto amosan e desenvolven discriminacións e violencias contra as mulleres. Estes espazos constitúense como unha gran oportunidade social para sensibilizar na promoción da igualdade e no rexeitamento contra as violencias machistas.

AF-Cartel-A4-def.jpg