Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Decálogo por un verán en igualdade

Decálogo por un verán en igualdade

Desde Igualdade da Deputación da Coruña ponse en marcha no marco do seu Plan de Igualdade 2018/2023 (www.compartimosplan.com) unha campaña para promover unhas festas en igualdade, este proxecto comezou no Nadal de 2019, continuo no Entroido 2020 e finaliza co Decálogo por un verán en igualdade.

O Verán é un tempo de diversión, descanso e desconexión. Polo que é importante fomentar a concienciación sobre a necesidade de fomentar a corresponsabilidade dando respiro as persoas que desenvolven as funcións de coidados habitualmente. Tamén é importante rachar cos estereotipos sexistas, non ser cómplice dos comentarios machistas, denunciar a violencia de xénero e a discriminación que sofren moitas persoas por mor da diversidade sexual.

É un tempo de oportunidades, para coidar conscientemente a nosa linguaxe de xeito mais inclusiva, para favorecer a conciliación da vida non só laboral, senón tamén da familiar e persoal, de educar en igualdade desde a familia, procurar novos modelos de masculinidade e de ser responsable coa situación actual que estamos vivindo, que incide especialmente nas desigualdades sociais e de xénero.

Esta acción pertence a unha das medidas da área estratéxica 3: Cambio de valores para unha sociedade igualitaria, inclusiva e diversa,  do Plan de Igualdade Provincial 2019-2023, (Pleno Outubro de 2019). Preme aqui para consultar o plan.