Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Documental O rural de Todas

Documental O rural de Todas

15 Outubre "Día da muller rural". Documental " O rural de todas"

O proxecto audiovisual "O rural de todas" onde participan mulleres dos concellos de Aranga, Teo, Ortigueira, Muxía e A Pobra ten como obxectivo contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres do rural. A través do documental relátanse historias e experiencias diversas que axuden a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade.

Ficha técnica: Productoras: Nova Xestión Cultural / Volvemos a Primera

Dirección: Adriana Castro/Pablo Cacheda

Dirección de producción: Cristina González/Beatriz Lourido

Imagen: Isaac Ruppen/Adrián Porima Sonido: David Lagares

Voz en off, versos, apoyo en producción: Tamara Andrés

Tema musical principal: Pedro Lamas

Lenguaje de signos: Raquel González/Alba T.Puentes

O acto de presentación terá lugar o mércores 23 de decembro ás 12.00 h. e será emitido en liña pola canle da Deputación da Coruña. Nel participaránrepresentantes dos cinco concellos participantes ademais das protagonistas do documentario, as mulleres e as crianzas que relatan as súas experiencias neste proxecto.

Durante o verán de 2020 arredor de 50 nenas e nenos e 10 mulleres referentes de 5 concellos da provincia participaron na creación do documental co apoio dun equipo de profesionais do audiovisual. "O rural de todas" é unha mestura de diferentes perfís e experiencias, onde se xuntan un feixe de mulleres diversas e de distintas xeracións que falan dende o seu sentir, reivindicando e resignificando o papel das mulleres no rural, amosando as realidades dun rural que é o rural de todas.

O documental está dispoñíbel en: youtube