Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos FEM Festival Escena Muller

FEM Festival Escena Muller

FEM Festival Escena Muller 2022

Screenshot_20220311-085317_Adobe Acrobat.jpg

FEMé un festival que levarase aos concellos de Vimianzo e Zas nos meses de marzo, abril e maio e contará con mostras audiovisuais, espectáculos , e mesas de reflexión ; coa presenza de literatas, actrices e creadoras audiovisuais , educadora social e socióloga introducindo os seus traballos e explicando as súas derivas.
OBXECTIVOS
FEM Un festival onde a figura da creadora sempre se verá como eixo onde navegar.
FEM busca que vistamos os lentes das creadoras e vexamos o mundo dentro da súa ollada en feminino e vexamos un mundo igualitario
ACCIÓNS A DESENVOLVER
EN COMÚN
Charlas coloquio onde expresar as problemáticas de xenero, na procura da reivindicación da muller como eixo vertebrador da sociedade e , polo tanto, das artes e a súa comunicación.
EN PANTALLA
Visionado de traballos audiovisuais en sesión monográfica. Acompañada de introducción e debate ao cargo da creadoras onde amosará e explicará o seu camiño previo e cara onde deriva na actualidade, atendendo ás demandas do público presente.
ESCENA
Escenificación de creacións escenicas. Acompañadas sempre de introducción e debate ao cargo das creadoras onde amosarán explicarán o seu camiño previo e cara onde derivan na actualidade, atendendo ás demandas do público presente.
EXPOSICIÓN
Presentación de propostas plásticas