Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos I Congreso Internacional Corpos, xénero e sexualidade

I Congreso Internacional Corpos, xénero e sexualidade

Cartaz REDE Congreso - logos novos_Redes.jpgOs estudos queer/cuir e LGBT+ crecen cada día contando cada vez con máis referentes, obras e correntes de pensamento aos que recorrer. Esta expansión implica tamén a necesidade de creación de novos espazos académicos accesibles a todas as persoas que mostren interese por estes temas, sobre todo en momentos políticos coma os que vivimos que fan estes lugares de encontro máis necesarios que nunca.

No congreso Corpos, xénero e sexualidade recollerase tanto a diversidade de pensamentos xurdidos entre os seus límites políticos como daqueles procedentes doutros lugares. Preséntase así unha iniciativa con vocación internacional que permita reflexionar sobre a posibilidade de xerar unha corrente queer galega e, ao mesmo tempo, nos permita establecer encontro e debate con persoas de outros lugares.

Celebración do congreso:

Días 11, 12 e 13 de marzo de 202

A quen vai dirixido:

Este congreso está dirixido a persoas que realizan traballos de
investigación relacionados cos corpos, o xénero e/ou a sexualidade desde
unha perspectiva queer.

Áreas temáticas:

As áreas temáticas propostas para as comunicacións son: educación,
filosofía, socioloxía, antropoloxía, lingüística, arquitectura e
urbanismo, teoría decolonial, teoría crip, feminismo interseccional,
historia, arte, ciencias naturais, produccións audiovisuais e
representacións culturais, non monoamias e outros modelos relacionais.

Corpos, xénero e sexualidade

Programa

VENRES 11 de marzo

16:30 Acreditacións

17:00 Inauguración do congreso

17:30 Merenda de benvida con produtos de comercio xusto

18:00 Presentación dos libros deIra Hybris
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/02/25/ira-hybris-presenta/>,Nacho
Elpidio Domínguez
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/02/03/nacho-elpidio-presenta-se-vende-diversidad/>eCarolina
Meloni
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/02/03/carolina-meloni-presenta-feminismos-fronterizos/>

19:30 Espectáculo poético-musical deAndrea Nunes e Alba María
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/02/09/alba-maria-e-andrea-nunes-combinaran-musica-e-poesia-na-inauguracion-do-congreso/>

SÁBADO12 de marzo

08:40 Acreditacións

09:00 Mesa 1: Traballo sexual e abolicionismo do xénero

10:10 A teoría queer ou a desmontaxe do binarismo
sexoxenéricopalestra de Beatriz Suárez Briones
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/01/27/beatriz-suarez-briones-palestrante-no-i-congreso-corpos-xenero-e-sexualidade/>

11:40 Descanso e espazo de exposición editorial

12:00 Mesa 2: Intersección entre o xurídico e o queer

13:00 Descanso e espazo de exposición editorial

13:20 Mesa 3: Corpos outros: narrativas desde o poder

14:00 Xantar

15:00 Acreditacións

15:30 Mesa 4: Loitar en tempos revoltos

16:50 Descanso e espazo de exposición editorial

17:10 Mesa 5: Pedagoxías disruptivas

18:10 Descanso e espazo de exposición editorial

18:30 Mesa 6: Representacións queer na arte e a literatura

20:30 Ningún hombre me llevará a la cumbre
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/03/08/ningun-hombre-me-llevara-a-la-cumbre/>
Obra teatral no Centro Ágora a cargo de Celeste González

DOMINGO 13 de marzo

08:40 Acreditacións

09:00 Mesa 7: Corpo e pensamento queer: desafiando a ciencia hexemónica

10:10 Arquivos: da teoría á prácticaPalestra de Fefa Vila
<https://redegalegadeestudosqueer.wordpress.com/2022/01/12/fefa-vila-palestrante-no-i-congreso-corpos-xenero-e-sexualidade/>

11:40 Descanso e espazo de exposición editorial

12:00 Mesa 8: Galego alén do binario

13:00 Descanso e espazo de exposición editorial

13:20 Mesa 9: Fóra do marco monógamo

14:00 Xantar

15:00 Acreditacións

15:30 Mesa 10: Repensar que, como e onde

16:30 Descanso e espazo de exposición editorial

16:50 Mesa 11: Emerxencia queer

17:50 Descanso e espazo de exposición editorial

18:10 Rachemos a dicotomía: intersección entre teoría e práctica
queer Mesa redonda con activistas de Galiza e Portugal

19:30 Acto de clausura